Esperando

Levo toda a vida esperando por algo. Cando era pequena esperaba a facerme maior para poñer os vestidos da miña irmá. Todas as miñas expectativas de futuro se limitaban a que se abrisen para min as portas de aquel armario que miña irmá cerraba baixo sete chaves…

Paseime a adolescencia esperando que aquel rapaz de ollos verdes me mirase.  Intoxicada polos contos de fadas e as historias de amor de Hollywood, pasaba os días imaxinando o momento no que se daría conta de que eu era o «amor da súa vida» para así «vivir felices e comer perdices».

A universidade foi unha espera constante. Os luns esperaba que chegase o botellón dos xoves ou a festa de turno. Durante o curso esperaba que chegasen as vacacións, e nas vacacións, que empezase de novo o curso. En primeiro esperaba aprobar Ciencia Política, en segundo esperaba aprobar Política Internacional, en terceiro o de aprobar xa pasou a un segundo plano e o que esperaba era o viaxe de paso de Ecuador. En cuarto esperaba cada festa, cena, botellón ou sarao areopagita, e en quinto esperaba que nunca acabase o curso para que non desaparecesen da miña vida aquel grupo de amigos «tolos» cos que compartía cada día.

Pero quinto acabaou, e como non, eu seguín esperando… Esperaba a ter un traballo, a ter un contrato, a ter un soldo co que chegar a fin de mes con máis de dez euros na conta, a un príncipe azul con pelo e sen barriga, a que me tocase a lotería … 

Xa fai tempo que poño os vestidos da miña irmá, e máis, ela tamén pon os meus. O rapaz de ollos verdes nunca me mirou con especial interés, no seu lugar fixo outro de ollos marróns, que o facía ademáis coa devoción propia do primeiro amor, pero descubrín que os contos de fadas non existen e que nada dura eternamente.

Estiven en máis botellóns dos que podo recordar e eu son unha das que foi a festa do Pérez.  Aprobei Ciencia Política, Política Internacional e mesmo Dereiro Autonómico. Tiven o mellor paso de Ecuador que puidera siquera imaxinar e creo que non faltei a ningún sarao «areopagita», nin de cuarto, nin de quinto, nin de anos posteriores. Esos amigos «tolos» seguen sendo unha parte fundamental da miña vida, e despois deles chegaron outros igual de bos e, en moitos casos, case igual de «tolos». Pero, ainda así, seguía a esperar que acontecese algo que cambiase a miña vida….

Así que un día, farta xa de esperar sentada, decidín levantarme e sair a buscar o que sexa que me esté esperando…

19 comentarios

Archivado bajo Reflexións

19 Respuestas a “Esperando

  1. el jaco

    declaro inaugurado este blog…

    e espero que a rapaza non espere máis a convencerse de que pode ser feliz.

    bicos chiquilla.
    nos vemos en los bares

  2. Turo

    Suerte Ana, emprender o camiño, dar o primeiro paso sempre é o paso máis difícil e ti acabas de dar un de 7.000 km, …..

    Desfruta da busqueda pero vai deixando frangullas de pan detras, non so para que te acordes de volver, senón tamén para que alguns destes amigos tolos che poidamos seguir.

    Bicos e copas,
    Turo

  3. Paz

    Esperando estaba a poder usar una de estas herramientas para poder tenerte controlada………., allí donde te nos vayas, para desearte que encuentres lo que buscas -entre otras cosas-, pero solo una cosa, piensa que, esperando, esperando……no olvides disfrutar de el día a día, que como bien has reflejado: «tempus fugit»

    Bicos

  4. No importa el camino que hayas escogido. Llegarás.

  5. Y mientras te leo, me parece escuchar los ecos de unas nalgas lejanas que se funden con el rugido del Atlántico… y aunque me has puesto nostálgica te digo que «esperar» significa tener ganas de soñar, de sentirte viva y de ilusionarte. Por eso, mientras esperabas todos estos años, vivías montones de experiencias que hoy son dulces recuerdos con los que has llenado las líneas de tu primer post. Y hala, ahora a seguir esperando a que aparezca ese chileno impresionante y con barco que se perderá para siempre en tu mirada.

  6. Rob Gordon

    Coincido con Raquel, mientras esperas sigues soñando, y eso es tan bonito casi como tu primer post en este blog. Espero ansiosa tus aventuras.
    Bicos

  7. Sandra

    Me alegro tanto de haber estado en la mayoría de los momentos importantes de tu vida, y que tú lo estes en los míos. Sin ti no hubieran sido lo mismo. Siento mucho perderme éste, pero quizás es lo que necesitas. Aprovecha esta oportunidad. Vive el día a día y no te arrepientas de nada. Millones de besos y cuídate mucho. Como me decía Domingo Living la vida loca.

  8. Pues nosotros esperamos una visita tuya… Bon voyage!

  9. Nacho

    Mucha suerte, Ana. Más te vale actualizar el blog a menudo porque pienso consultarlo a diario. Bicos enormes.

  10. RAÚL

    Qué bonito, Ana! Tu primer link, post, documento… , como se llame eso, de tu blog («esperando») es muy bonito y muy sentido. Cuando las palabras salen de corazón siempre lucen más y se forman mensajes emociantes como el que hoy has escrito.

    Pásalo bien por Santiago de Chile. Seguro que todo lo que vas a vivir va a ser espectacular, pero, tal y como lo cuentas en «esperando», no te olvides que lo que dejas aquí tampoco está nada mal.

    Y nada. Que eso. Que con Internet, el messenger, el skipe, sky, skay, squai, sqkaiii o como se diga estamos en contacto.

    Bicos.

  11. Carlitos

    Moi chulo o post, Ana. Mooola. Xa estás en Santiago (de Chile)? Que rápido vai todo. Bueno, para alguén que está quieto coma min, calquera que se mova xa lle parece que vai correndo. Espero que teñas moita moita moita sorte. Poño ó teu blog en Favoritos.

  12. David

    El blog empieza bien, pero seguro que irá a mejor. Basta con que te lances sin miedo a escribir, y sobre todo a vivir. Pero no te olvides de mantenernos informados. Para empezar, quedas agregada a favoritos, en la carpeta «gente valiente que un día se atrevió a hacer lo que deseaba». Enhorabuena y suerte.

  13. Eu tamén estou esperando…estarei esperando a vosa volta.Bicos e fai unha longa carreira «polas grandes alamedas» da minha parte,quen sabe cecais atopes a un home libre.

  14. vic

    Pódense deixar comentarios máis de dous anos despois de que a entrada fora escrita? Non vou explicar como cheguei a ela, só dicir que creo que é o mellor comezo dun blog que xamáis lin.

    E creo que me acabo de dar conta de que tamén levo demasiado tempo esperando demasiadas cousas…

    • feitonacasa

      Claro q se poden deixar comentarios despois de dous anos… xa non me acordaba moi ben de este post.. Alégrome q che gustara.
      Se che vou decir a verdá, seguir sigo esperando moitas cousas… creo q aprendín q eso precisamente é o q fai a vida interesante, ter sempre algún obxectivo.
      Este post escribino xusto antes de marchar a vivir fora por seis meses (algo q levaba moito tempo querendo facer), e creo q foi unha das mellores decisións q tomei na miña vida..
      Moitas gracias polo comentario!!! (por certo, sabes q poñer q non vas decir como chegaches a leer esto, é a mellor maneira para que me pique a curiosidade, non?)

  15. vic

    Jeje, pois satisfago esa curiosidade… No fondo foi algo moi simple, estou suscrito ao teu blog e cando ía ler a última entrada non sei como pinchei en lugar da última publicada na primeira e dinme conta de que era de fai dous anos despois de lelo… ao final ves que non tiña moito misterio… pero gustoume moito o post, quizáis porque me atopo nun momento da miña vida en que estou esperando a que suceda algo que a cambie e quizáis o truco non é esperar a que suceda senón arriscarse e tirarse ao precipicio, o caso é que da tanto medo tirarse… e seguramente despois de tirarse, eso que antes daba medo se convirta nunha das mellores experiencias da vida…

    Bueno, cousas… o caso é que foi moi revelador para min o teu post en honor á eterna espera, tan necesaria e tan insufrible.

    Gústame como escribes e sobre todo o que dis.
    Bicos!!

  16. Pingback: A maioría dos días « Feito na casa

  17. Asking questions are truly nice thing if you are not understanding anything completely, except
    this article presents good understanding yet.

  18. Excellent beat ! I would like to apprentice whilst you amend your site, how could i subscribe for a blog website?
    The account aided me a applicable deal. I had been tiny bit familiar of this your broadcast offered bright transparent concept

Deja un comentario