Cando a lóxica non vale…

Se utilizando a lóxica non encontras respostas lóxicas, porque non recurrir á quiromancia?. Non che vai resolver as dúbidas, non che vai aclarar a mente… e obviamente non che vai descubrir o futuro… pero é tremendamente emocionante ver que historia che vai contando cada carta, e tremendamente interesante estudar que parte desa historia procede da lectura psicolóxica que che fai o que as lee.

Se a esto lle añadimos un “tarotista” ferrolano e verborreico, ademáis de todo o anterior será tremendamente divertido.

Por certo, en un ano atoparei un traballo xenial, que me vai encantar e que o vai cambiar todo. Eso sí, da miña idea de emigrar, nanai.

Aí queda eso Cabana…. por escrito.

4 comentarios

Archivado bajo "Momentos especiais", Experiencias, Lecturas

Infancia, divino tesouro

Sigo asombrándome da capacidade de entusiasmo que teñen os nenos, desa facilidade para ser felices coas cousas máis sinxelas… é unha pena que nese proceso que chaman “crecemento” desaprendamos en lugar de aprender, que nos enseñen a ter medo, a controlar as emocións (ou máis ben a escondelas), a desencantarnos…

30 nenos xuntos nun espacio pechado poderían ter sido un inferno, pero polo contrario foron un soplo de alegría neste momento de desánimo xeral, un “oasis” sen crise, desilusión nin medo ao futuro.

Deja un comentario

Archivado bajo "Momentos especiais", Experiencias, Opinións, Reflexións, Uncategorized

Thanks loca

“Thanks loca. Qué tal todo?” Con esta escueta frase empezou unha conversa de duas horas por wassup que me fixo rir en pouco tempo o que non me tiña rido no último mes todo xunto. O bon dos “caraduras” é que non esperas nada deles, pero poden alegrarche o día.

1 comentario

Archivado bajo "Momentos especiais", Experiencias

Os meus momentos especiales

Fai un tempo que decidira darlle unha volta a este abandonado blog meu e, inspirada naquel final de “500 días juntos”, buscar en cada día un momento especial, memorable. Retomo o plan como propósito para este 2012 que comeza tan tristón e auguran tan negro.

Vou buscar en cada día ese momento distinto, ese que levanta o ánimo ou arranca un sorriso… ou cambia unha vida, quen sabe. Pode ser calquera, unha conversa telefónica cunha voz amiga, un paseo baixo o sol frío de xaneiro, un novo profesor de inglés ao que por fin entendo, un café tranquilo mirando unha revista ou a lectura inesperada dunha cita que parece estar aí esperando por ti: “Quien se para a llorar, quien se lamenta contra la piedra hostil del desaliento, quien se pone a otra cosa que no sea el combate, no será un vencedor, será un vencido lento”.

Aí vamos, antes muertos que vencidos…

 

*Non hai que tomarse demasiado ao pé da letra eso de que a todos os días lles vaia a encontrar algo especial, nin que non me vaia a parar a chorar en algún momento… esto é só un propósito de ano novo…

Deja un comentario

Archivado bajo Experiencias, Proxectos, Reflexións, sentimentos

Os ollos

O peor cando unha relación se acaba non é aceptar que o outro xa non vai estar no teu día a día, que non vas volver a bicalo, ou a darlle a man, ou a despertar ao seu lado… o peor é miralo aos ollos e ver que xa non te miran igual, que xa non eres especial.

1 comentario

Archivado bajo Experiencias, Ralladuras, Reflexións, sentimentos

2011

Foi este un ano intenso… deses nos que pasan tantas cousas, cambian tantas cousas, que parece que foron dous.  Foi un ano de crecemento, de recoñecer problemas, de buscar novos enfoques, de aprender a gañar e de aceptar que algunhas veces se perde sen razón nen culpas… Foi un ano de tristezas e alegrías, de moitas emocións e de moita análise interior.

Acabo o 2011 igual de “perdida” que o empecei, sen saber hacia donde vou nin o que busco… pero cun pouco máis de madurez e un pouco menos de medo, que xa é moito.

2 comentarios

Archivado bajo Ralladuras, Reflexións

A maioría dos días

Levo varios días cunha frase metida na cabeza, unha “reflexión” da película 500 días juntos: “La mayoría de los días del año no tienen nada de especial, comienzan y terminan sin dejar recuerdos perdurables en la memoria. La mayoría de los días no tienen ningún impacto en el transcurso de una vida”.

Non sei pq. se me quedou na cabeza… pero pode que sexa pq. a maioría dos días da miña vida espero que suceda algo que os faga especiais.

6 comentarios

Archivado bajo Ralladuras, Reflexións