Julio 29, 2009

“Teño o terceiro chakra bloqueado”

chackrasTeño o terceiro chakra bloqueado, o que está dous dedos por encima do ombligo. É o máis grande e o máis potente de todos os chakras; o que “regula a enerxía, o poder da vontade, a autoestima, o sentido do control e a forza que impulsa a actuar” e o que acumula os nosos “”medos, culpas e iras sin resolver”.

Cando este chackra está bloquedo “a persona bloqueará os seus sentimentos ata o punto de non sentir ningunha emoción”, ademáis “non haberá comunicación entre o segundo chakra (o da sexualidade) e o chakra do corazón (amor), polo que amor e sexo viviranse de forma separada”.

Non sei se o reiki funciona ou non, pero sirve para dar explicacións sinxelas a situacións “complexas”. A partir de ahora, cando me pregunten como estou contestarei: “teño o terceiro chakra bloqueado”.  :-)

Julio 24, 2009

Benvido á “teletenda volante”

Na miña volta de Roma acordeime moito daqueles tempos nos que aproveitabas os vos para ler un libro, ver unha película… ou dormir.

Ryanair vai camiño de convertirse en unha “teletenda volante”, ao estilo da nave espacial de Wall-e, con un montón de “gordos consumistas” sentados que so teñen que mover un dedo para comprar.

Aos quince minutos de despegar, primer anuncio: “ha llegado el momento más esperado de este vuelo -a aterrizaxe non pode ser, penso eu-, vamos a proceder a realizar el sorteo de nuestra rifa, con la que podrá usted ganar magníficos premios y hasta 10.000 euros!!!! (redoble de tambores). En breves momentos, nuestro personal de cabina procederá a vender los boletos, no pierdan su oportunidad!!”.

Minutos máis tarde, segundo anuncio: “señores pasajeros, si todavía no han comprado los regalos para sus seres queridos, este es el momento. En nuestra revista podrá consultar nuestro catálogo, que incluye las mejores marcar de cosmeticos y perfumería, así como interesantes objetos de regalo.. y para los niños, el avión de Ryanair!!!” (ohhhh, emoción general)

Ao pouco tempo, tercer anuncio: “señores pasajeros, a continuación les ofrecemos una tarjeta telefónica con la que podrá realizar las llamadas a sus familiares y amigos durante sus vacaciones… una oferta excelente, con la que podrá usted llamar tanto a fijos como a móviles… “

E o mellor: “señores pasajeros, si desean ustedes fumar, Ryanair les va a dar la oportunidad de hacerlo en este vuelo (ahí sí, estupor general).. Les ofrecemos los “cigarrillos sin humo”, con los que podrán ustedes disfrutar del mismo sabor y la misma sensación de un cigarrillo normal, pero sin molestar con el humo.. “

Tendo en conta que cada vez reducen a menos a equipaxe de man e cobran máis a facturación, o próximo paso supoño que será improvisar unha pasarela no pasillo do avión e vender “a los señores pasajeros” “la ropa para sus vacaciones o viajes de negocio”.. de todo oiga…

Ainda que eu apostaría por que ofreceran tapóns para os oidos, para intentar abstraerte da feira na que se están convertindo..

Mayo 11, 2009

Pensamentos de piscina

O outro día fun a piscina sen gafas.. e como o de nadar cos ollos pechados resultou máis ben incómodo, deume por pensar no que che pode condicionar a vida o lugar no que naces… e que se eu non houbese nacido na Pontenova (que nos meus anos mozos o máis parecido que tiña a unha piscina era o depósito da auga), igual hoxe sería unha “star” da natación sincronizada :-P .

Vamos a ser sinceros, alguén pensa que se Rafa Nadal houbese nacido nun pobo do interior de Lugo, sen pista de tenis nin farrapos de gaita, hoxe sería o número 1 do tenis mundial?

E eso lévame a pensar en que pode que todos levemos un Rafa Nadal dentro (do tenis, do futbol, das letras, das ciencias.. ou do tute, da igual). Vamos, que igual todos poderíamos ser un “crack” en algo, se tivésemos a oportunidade de descubrilo.. e que pode que moitos morramos sen saber nunca para o que somos realmente bos.

Obviamente, o da natación sincronizada é unha “fabulación” (tendo en conta que non son capaz de seguir nin unha sinxela clase de aerobic), pero sempre me preguntei se a miña traxectoria formativa e profesional sería a misma se meus pais non voltaran de Barcelona un ano antes de nacer eu… Igual hoxe era unha experta en sardana.. ou en butifarra.

Abril 15, 2009

Cansada

Hai días que me sinto terriblemente fracasada, e cando penso en reconducirme non sei nin por donde empezar nin cara a onde tirar…

Hai días que pagaría por ter alguén que me levase da man, aínda que sepa que me rebelaría a cada paso…

Hai días, como hoxe, que estou cansada… terriblemente cansada de todo.

Marzo 16, 2009

Conversas de medianoite

Chego ao filo da medianoite con conversa cibernética sobre os sentimentos… ou algo así…, dando consellos sobre algo do que nunca soupen e do que sospeito que nunca vou a saber… véndome reflexada no outro lado da pantalla… con grandes diferencias… pero coas mismas historias “rebuscadas” que rara vez levan a algunha parte, coa mesma negación de algo que ves vir pero que non queres ver, co mesmo “aburrimiento sentimental” que nos leva a buscar a emoción nunha conversa de chat … e co mesmo medo inconsciente a enamorarnos de alguén que nos faga a vida máis fácil.

Marzo 10, 2009

Hoxe é o día

Chegou ao apeadeiro o primeiro esa mañá…. Viña decidido, hoxe era o día… non  durmira en toda a noite pensando no mellor xeito de facelo, planeando as palabras, ensaiando os xestos, anticipando as reaccións, … preparándose para o momento que, sen dúbida, lle cambiaría a vida. E o momento ía ser hoxe, só podía ser hoxe.

Sentou na mesma esquina do banco na que sentaba sempre, coas mans metidas nos petos e a bufanda tapándolle a boca,… os viu chegar un trás outro, na mesma orde,… escoitou as mesmas conversacións baleiras nas que, unha vez máis, non participou… e, tamén unha vez máis, sentiu como o sangue lle tinguía a cara de vermello e o estómago lle daba a volta cando ela apareceu.

Como cada mañá quedou abraiado mirándoa, hipnotizada cos seus ollos e con aqueles labios que sempre estaba a rir e nunca paraban de falar.. envexou cada palabra que saía da súa boca e non ía dirixida a él, cada mirada que buscaba a súa, cada xesto que nunca precisaba da súa atención.

E como cada mañá subiu detrás dela ao autobús, apertando a carpeta contra o peito e sentindo o seu olor no nariz,… viuna marchar cara a atrás mentres el sentaba no mesmo sitio de sempre, e escoitou as risas que compartía con outros mentres pensaba que mañá sería o día… mañá tiña que ser o día.

ser-cultos-para-ser-ceibesb

 *Despois de meses de abandono, retomo ese proxecto a medias con emereci de relatos e fotos… A foto é dela, e esta é sólo unha das historias que me inspirou, nin siquiera sei se a mellor, pero é á que lle tocou sair.

Febrero 23, 2009

Anestesia

Hoxe volve a estar de actualidade o caso das nenas de Alcásser. Piden 16 anos de prisión para os pais de duas das nenas por “injurias” e “calumnias” ao fiscal, o forense e os axentes da guardia civil que investigaron o caso… 16 anos por “injurias” e “calumnias”. Flipante!!

Pero deixando de lado a desproporción desta condena que, espero, quede en un titular, o caso de Alcácer foi un dos que máis me impresionou na miña vida. Acostumada a “aburrida” rutina dun pobo no que o máis que podía pasar era que un veciño se pelease co do lado por unha leira, o asesinato de Toñi, Miriam e Desiré púxome diante a máis fría das crueldades. Supoño que axudou o “show” televisivo que montou “Quien sabe donde” e, despois, Pepe Navarro en “Crucemos el Missisipi”… pero o caso é que este asesinato me deu que pensar durante meses e me quitou o sono máis dunha noite.

Nos informativos de hoxe: unha nai que alquilaba ao seu fillo de dous anos a un pederasta, un neno de 11 anos que matou a súa madrastra embarazada por celos do futuro bebé e un día máis de búsqueda infructuosa do corpo de Marta del Castillo… Escoito as noticias con rabia, sorpresa e pena…. pero coa mesma “atención anestesiada” que cando escoito que outras cinco personas se mataron na carretera ou que enterraron a unha nova víctima da “violencia de xénero”… Sei que probablemente dentro de tres días xa nin me acorde e que esta noite dormirei igual que calquera outra.

¿Cómo puidemos chegar a anestesiarnos desta maneira? ¿Cómo puido deixar de sorprendernos a crueldade?

Enero 28, 2009

Un holograma huidizo

“Nos fascinan los seres inalcanzables. Si los alcanzamos ya no nos fascinan. En los tiempos del consumo el amor es un holograma huidizo”

Este “aforismo” regaloumo Sonia a outra noite. Di que me pega… bueno, que nos pega. E ten razón (coma sempre, dirá ela).

Estos días ando fascinada por unhos zapatos morados que quedarían perfectos co meu vestido roxo, e que son inalcanzables pq. desapareceron de todas as zapaterías da cidade. Se os encontrase, seguro que lles vería algún defecto… e seguro que me daría de conta que non quedan tan ben co meu vestido roxo.

Esos zapatos son un “holograma huidizo”, xa o sei, pero polo de agora prefiro seguir fascinada con eles a resignarme e comprar outros que me apreten os pes.

Enero 19, 2009

Que non se poña a túa lúa de mel

noviosb2 O amor de película é eso, unha película. No amor real non se escoitan violíns, nin todos os días sae o sol… nin existen os homes perfectos que, ademáis de cociñar, son románticos e están sempre de bo humor…

E o compromiso non é unha declaración en París, nin un anel de diamantes… é compartir un proxecto de vida, é compartir os problemas e as ilusións… ou é elexir a unha persoa para ser a nai ou o pai dos teus fillos.  

Amor e compromiso é o que vexo cando vos miro, por eso o 4 de abril vai ser un gran día!!

Que el corazón no pase de moda
Que los otoños te doren la piel
Que cada noche sea noche de bodas
Que no se ponga la luna de miel

Enero 13, 2009

Dios probablemente no ha nacido

busatras-web1Mola a campaña publicitaria que puxeron en marcha os ateos nos buses de Barcelona: “Dios probablemente no existe, deja de preocuparte y disfruta de la vida”…

E mola a indignación dos “creyentes”…

Curiosa doble moral… A ninguén lle pode molestar que durante anos os crucifixos presidiran a maioría das aulas neste país, ou que no nadal coloquen os seus carteis de “Dios ha nacido” (que por certo dañan a vista) en cada esquina… pero que a “ni cristo” se lle ocurra suxerir siquera que o seu deus poida que non exista, ou que, se existe, a unha boa parte da poboación lle importa “un carallo”.

*A foto roubeina de internes