2009

Rematou o 2009, o ano que empecei coa rabia dunha doble decepción, no que protagonicei o lagrimeo estrella da boda da miña mellor amiga, no que se xubilou miña nai,  no que tiven que ver marchar de novo a amigos moi queridos, no que atopei outros aos que querer e seguín querendo aos que xa quería, no que me namorei de Roma “a primeira vista”, no que coñecín o calor do inverno brasileiro e volvín a probar os ricos “jugos” naturais de América do Sur, no que empezaron os “periplos tasqueiros” e as “tardes de cociña”, no que volveron “os malos”, no que tiven que salir á rúa a berrar que “quero galego”, no que vin medrar o paro “dende a barreira”… o ano das comidas no “Campeiro”, das charlas de alimentación, do disfraz de cordobesas-sevillanas, dos anuncios de boda e futuros “bautizos”, do medo á crise, do inverno máis largo, da ilusión polo verán, do descubrimento do reiki, da volta dos Papaqueixos, do nacemento de alas8enelvangogh, dos intentos fallidos de ler a Tolstoi, a Cortazar e a Gunter Grass, da trilogía Milenium, dos eventos no facebook… e o ano que, novamente non gañei a lotería. Eso será para 2010.

5 comentarios

Archivado bajo Experiencias, Obxetivos, Proxectos, Reflexións

5 Respuestas a “2009

  1. rosalía

    o ano de escoitar conversas “alterianas” de granxeiros virtuais “alteriados”!

    Qué bonito texto!

  2. visto así, todo junto, acojona. da tiempo a tanto en un año?!😉

  3. feitonacasa

    … e a min q me parece pouco. Son a eterna “insatisfecha”😛

  4. emereci

    Que pouco saio no teu 2009… a ver se cambiamos esto para o 2010. Bicazo

    • feitonacasa

      Cómo que pouco… sales no máis importante: “seguín querendo aos q xa quería”. E eso deixando a parte q che tocou aguantar unha boa sesión da “rabia” daquela “doble decepción”, do medo a crise, do cansancio do inverno, e que os primeiros “jugos naturais” de América do Sur, dos q tanto me acordo, os tomei contigo…
      Pero sí, estou de acordo en que 2010 hai q verse máis. Un bicazo tamén para ti e disfruta dese final de viaxe (cantas cousas vas traer para contar, dios!!)

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s