Diario dun sábado gris

diagris

Despois de tempo sen escribir no blog, este sábado tiven un momento de inspiración.  Inspiroume a negrura do día e a resaca dunha noite “apática” da que despertei coa cabeza ateigada de sombras.

Pola mañá escribín na miña libreta: “As veces gustaríame volver a nacer, e amoblar a miña cabeza dende a liberdade dos espazos baleiros. Ordenar as prioridades, distribuír os pensamentos positivos polos estantes, colgar os “regalos” da vida nas paredes, colocar un vaso medio cheo na mesa, agochar as angustias no fondo dun armario sen chave e desterrar definitivamente os medos da miña casa. En días como hoxe, no que o ceo é tan gris, gustaríame volver a nacer e pintar a casa de azul”.

A medio día volvía a escribir: “Hai días que preciso falar e me agarro ao teléfono como a un clavo ardendo. Repaso na cabeza a lista de amigos e abro a tapa do sony ericson como o que abre unha ventá á luz. Marco, espero, e unha voz amiga responde ao outro lado… coas súas  “ralladuras” e as súas anécdotas, que fan máis levadeiros os días de inverno e me recordan o afortunada que son de ter alguén ao outro lado da liña”.

Pola tarde empecei a ler “Memoria de días usados”…. e recordei por que non escribo no blog…

2 comentarios

Archivado bajo Ralladuras, Reflexións

2 Respuestas a “Diario dun sábado gris

  1. … e, acto seguido, volviches escribir, despois dun montón de tempo🙂

    alégrome de que tamén sexa inspirado para ti.

  2. feitonacasa

    non, non… escribín antes… de todas formas sí q é inspirador.. está xenial!! moitas gracias, é unha magnífica compañía nas noites de inverno (a falta de outra, jeje :-P).

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s