Reflexións de aniversario

Pois xa que se me puxeron morriñentas, eu non vou a ser menos. Sí, xa case fai un ano…

Casi fai un ano que como di emereci empezamos a albiscar a despedida do Santiago Austral, no meu caso a despedida de seis meses “sabáticos” que me enseñaron a tratar conmigo mesma, a levarme mellor cos momentos de soidade, a valorar máis todo o que deixara a este lado do Atlántico e a confirmar que, en calquera parte do mundo, hai xente maravillosa.

A min non sólo me asexaban as dúbidas vitais, a min aterrábame pensar o que iba a encontrar á volta… pero casi un ano despois sei que mereceu a pena. Mereceu a pena voltar a esta cidade que a veces me gusta tanto e outras me da arrepío; mereceu a pena ir a vivir sola e enfrentarme os “espíritus” nocturnos que non me deixaban dormir; mereceron a pena todas as discusións e debates cos “Inercia” (aínda que a veces me “enfurruñe”); mereceron a pena todos os erros na “técnica” e todas as malas “medidas dos tempos”; mereceron a pena as, cada vez máis escasas, noites “areopagitas” e os planes de treintañeros; mereceu a pena volver a viaxar con Sandra e con Rocío; mereceron a pena todos os desvaríos, os proxectos irrealizados e os obxetivos non alcanzados … mereceu a pena cada un dos minutos deste último ano…

Pero aínda así, outra parte de min tamén bota de menos Lyon 920 (a miña segunda casa chilena), as “cenas de chicas” semanais, as noites en Bellavista, o turismo “sufrimiento” e… como non, a miña familia chilena.

“Ha sido divertido
me equivocaría otra vez…”

2 comentarios

Archivado bajo Reflexións

2 Respuestas a “Reflexións de aniversario

  1. Ro

    por suposto que mereceu a pena esa viaxe a Cerdeña e seguro que merecerá a pena a viaxe a Croacia,
    xa quedan menos de duas semanas para marchar🙂
    Bikiños

  2. Paz

    Claro que todo merece a pena…., eu persoalmente agradezco que a tua experiencia me servira de impulso para cruzalo charco e disfrutar da viaxe máis marabillosa que nunca fixera………e que me dis do impulso para saltar e baixar muros de pedra……….

    BICOS

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s