Historias de praia

 

As praias de A Coruña parecen Benidorm… Atopar un oco para a toalla a máis de medio metro do que está ao lado é “misión imposible”; meterse no auga a intentar nadar, un “suicidio” (ou morres de impacto térmico ou cáeche enriba algún “simpático” bañista);

 e conseguir untarte de crema sen que algún “inocente infante” pase correndo polo teu lado e te deixe como unha croqueta, simplemente unha utopía…

Pero aínda así, a min gústanme as tardes de praia… e gústanme as praias de cidade, con esa mestura de “fauna urbana” de todas as clases, idades e condicións. E se ademais, a “fauna” é a de Monte Alto, o entretemento está asegurado….

Alí están os típicos “chulos de barrio”, “con sus tatoos y sus buuuhh neno.. “. “; o “pequeno tenista” que corre ao berro de “soy Rafa Nadal, soy Rafa Nadal”;  as quinceañeras “pijitas” que pasan a tarde entre “llamaditas de Javier” e contos sobre a amiga que marchou de casa e se operou as tetas; o matrimonio “madurito” que non para de “achucharse” e que escapa das “quinceañeras pijitas” como da peste; a dependenta do “Corte” que asegura que non só contratan a guapas ou intelixentes… “que allí también trabaja mucha gente de Ferrol”; a señora venezolana que se namorou dun señor casado que lle promete deixar á muller; o mozo que deixou as drogas “oficialmente” fai tres anos (extraoficialmente entendo que as sigue tomando)….. e os meus favoritos, a familia “tilirín”: avó e avoa, neto (duns catro anos) e tío “colgado”.

Reproduzo situación:

O neno tíralle ao avó unha chancla á cabeza.. o avó replica “es un fillo de puta” (q digo eu, que a puta será ou a súa filla ou a súa nora) … a avoa azuza “pégalle aí, pégalle”… o neno rí e tíralle a outra chancla á avoa… “fillo de puta”, repiten… “cabrón”, reiteran… A avoa colle a chancla e pégalle ao neno que, á súa vez, lle pega á avoa…

Entón entra en escena o tío, con cara de acabar de fumarse toda a herba dun “coffee shop” holandés… “Vamos por ahí a dar un paseo… a ver a las jas (rapazas en coruño)”,lle di ao neno…

E para alá que se van os dous, agarrados da man, nunha “bucólica” estampa familiar. O último que escoito é: “Llámales putas… puta, puta”… “puta, puta,”, repite feliz o neno…

Praias! un microcosmos social digno de estudio!

 

 

Deja un comentario

Archivado bajo Escenarios, Relatos, Vin-por-ahi

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s