Soños escondidos

Levo muito tempo sin soñar… bueno, maticemos, levo muito tempo sin acordarme do que soño…

O outro día din con un libro desos de interpretación de soños e acordeime de que me regalaran un unha navidad e de que antes soñaba máis, ou me acordaba máis.

Cando era pequena soñaba a miudo que morría miña nai e despertaba co corazón salíndoseme do peito e co medo na boca… As veces, o medo era tal que me levantaba e iba ata a habitación de meus pais para comprobar que seguían respirando.

Tamén soñaba moitas veces que baixaba por unhas escaleiras e, de súpeto, desaparecían de debaixo dos meus pes. O último que sentía antes de despertar era o meu corpo caendo o vacío. Según o libro de interpretación de soños, caer o vacío pode indicar o temor de perder o respeto de outros, o estatus social ou profesional… ainda que non creo que tivese máis de 15 anos cando soñaba esto, así que non sei moi ben que estatus podía perder.

Outro soño recurrente era eu intentando escapar de aguén que me perseguía, pero as miñas pernas non respondían… o corpo empezábame a pesar e cada vez avanzaba máis lentamente, ata que casi era incapaz de moverme. Esto, parece ser, significa falta de autoestima e confianza en un mesmo.

Outras veces non podía berrar. Enfrentábame a algún peligro e cando iba a pedir “auxilio” da miña boca non salía ningún sonido (era desesperante). Esto, según esa ciencia tan exacta que é a interpretación dos soños, significa que estaba estancada na vida e non podía expresar o que realmente sentía e desexaba.

Tamén recordo, xa de máis grandiña, algunha noite de sexo (soñado, me refiero) con unha das persoas que máis repulsión me produce neste mundo. Esto non sei o que significa, pero o asco que sentía o despertarme era máis que suficiente…

Peeero… as veces tamén soñaba cousas agradables, incluso moi agradables… E o peor era despertar antes de chegar ao final do soño. Sempre intentaba volver a dormirme para retomar a historia no punto donde se quedara e, evidentemente, nunca o conseguía…

Así que, vista a miña traxectoria como soñadora, igual é unha sorte non soñar. Ademáis, sempre queda o recurso de facelo desperta, que ten a gran ventaxa de que soñas o que queres e a historia acaba como o cando ti queres.

*A foto é un dos resultados dunha sesión de “autofotismo” nos últimos días en Chile, compartindo soños con Sandra

7 comentarios

Archivado bajo Uncategorized

7 Respuestas a “Soños escondidos

  1. Qué bonito, Ana, sabes que penso que é unha pena que non te prodigues máis cos teus comentarios. Xa me contarás qué libro é ese, que teño un par de dúbidas sobre soños.

  2. RAÚL

    Muy bonito o texto. Eu tamén quero o libro.
    Esta mesma noite soñei con que tiña que deixar unha habitación dun hotel limpa completamente das miñas pertenencias e dos meus restos porque se cometera un asesinato antes nesa habitación e podíanme culpar a mín.

    Que soño máis raro, non? aínda que non tanto como o que tiven hai tempo. Estabamos Chenoa e eu (si, chenoa, xa me dirás a que vén esto, aínda se fóra Madonna) nun edificio de dez plantas. Ela lanzábase e rebotaba como unha pelota saltarina e animábame a que o fixese eu…

    En fin, que ese non creo que veña no libro…

  3. feitonacasa

    Sí, creo que o libro é da época Pre-OT… igual cando o reediten tes sorte. (Tu é que non podes ser vulgar nin soñando, jajaja)

  4. Raúl, creo que deberías ponerle “copyright” a tus sueños😉

  5. RAÚL

    Ah, me acordé de otro sueño. Este tiene más glamour, para que flipes, Ana.

    Estaba en el concierto de Madonna (sí, voy a verla en Berlín a finales de agosto. Y en coche!) y me ponía cual fan más fanático a las puertas de los camerinos. Ella entraba y no le hacía caso a nadie, pero me miró a mí.

    Se puso a hablar conmigo. En el sueño yo recuerdo una gran preocupación y angustia porque pensaba (si, yo en los sueños también pienso en bajito), qué voy hacer, creo que le molo a Madonna, y a mi ella me gusta de otra forma (bueno, vamos que no me acostaría con ella). Así que estaba todo preocupado porque ella descubriese que soy gay y no me hiciese ni caso.

    Sabéis que paso seguí en el sueño?
    … Pues hacerme el machito. Por Madonna lo que sea, incluso en sueños.
    (No me acuerdo si escupía al suelo o si me ponía un palillo en un diente o si le daba un azote en el culo y le decía “nena!”… )

    Jajjajaa

  6. feitonacasa

    Jajajaja… Raúl, definitivamente temos que ir pensando en idear unha serie de televisión contigo como protagonista.. temos argumento asegurado…
    E, claro, Madonna personaje secundario…

  7. sandra

    Siento no ser tan orginal como vosotros (Como me gustaría ver en mi sueño a la Chenoa saltarina de Raúl, y como no su papel de macho ibérico conquistando a Madonna) Como ya sabe ana, desde siempre he soñado que se me mueven los dientes, se me caen y se deshacen en las manos. No se lo que significa, pero al final a mi se me cayeron. A partir de mañana voy a intentar soñar con que adivino el número de la primitiva. A ver si hay suerte.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s