O lugar máis afastado da terra

Despertou unha mañá e non se recoñeceu… O home que dormía o seu lado era un extraño que invadía a súa cama e insultaba a súa inquedanza con seu sono tranquilo.

Os retratos das paredes devolvíanlle caras extrañas, frías.. como as fotos dun famoso que recoñeces pero que non forma parte da túa vida.  O espello escupía a imaxe dunha muller que non era, que nunca quixera ser…

Bagou pola casa tentando encontrar algo que a atase a ese lugar, a esa vida que parecía a súa pero que sentía tan allea…

Saiu a rúa e botouse a andar… mirou á xente que camiñaba cabizbaixa, apurada, enfurruñada; as bocas de metro que escupían e tragaban esa xente enfurruñada…; os coches que “rañaban” cos seus pitidos insoportables e avanzaban lentamente como caravanas de tartarugas…; os edificios que se erguían como moles de cemento e cristal buscando un ceo gris e contaminado…

Fuxiu, fuxiu tan lonxe como puido.. fuxiu ao lugar máis afastado da terra, donde a recibiron con bailes e colares de flores; donde as casas era pequenas e de cores vivas; donde a xente se sentaba a beber pisco e a falar cos amigos; donde cada noite avos, pais e netos se reunían para celebrar que deixara de chover ou que empezara de novo; donde as cárceres non tiñan barrotes; donde os atardeceres eran roxos, amarelos, rosados, naranxas, azúis… donde a felicidade era todo eso e sinxelamente eso.

*Novo capítulo dese proxecto a dúo con emereci, que algún día nos levará a fama mundial…

Deja un comentario

Archivado bajo Relatos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s