Goooool de Zamorano!!

*Este é o primeiro episodio de un proxecto a dúo que lle deu unha chispa de ilusión a uns días especialmente “grises”. O relato non vai gañar o Pulitzer, eso ben o sei, pero serviu para distraerme por momentos dos problemas fiscáis e existenciáis que me rondan nos últimos tempo.

Xuntou os cartos durante anos. Recolleu aceituna, descargou barcos no porto, cultivou quinoa, vendeu “cachivaches” aos turistas, manexou un autobús que subía o lago, volveu a recoller aceituna e o final abriu un bareto no seu pobo no so se servía pisco “sin sour” e cervexa Cristal. Deixou un espacio ao lado da porta, donde daba a sombra no verán e o vento non chegaba no inverno, e foi a buscalo.

Lembraba ben a primeira vez que o viu. Era un neno, o Real Madrid xogaba a final da Copa do Rey e Zamorano era para él pouco menos que un heroe nacional. Naquel bar a xente escoitaba o partido con fervor “relixioso”.  “Amavisca coge el balón… avanza por el lateral izquierdo.. pasa a Laudrup…”. Co primeiro gol do Real Madrid todos levantaron da cadeira dun chimpo…. e entón viuno.

Nunha esquina, agochado coma un tesoro. Os ferros, novos e limpos, lanzaban destelos de cores.. e os xogadores, de madeira nova, miraban desafiantes uns cara aos outros preparados para entrar en acción…

Olvidouse do partido real para meterse nun encontro imaxinario donde él dirixía un excepcional equipo de “estrelas” de madeira. “Saque de fondo para el Real Madrid… Buyo para Fernando Hierro.. Abre por la derecha a Laudrup… Pase largo para Amavisca…. Amavisca cruza la línea central del campo y pasa a Zamorano!!!!…”

O berro de seu pai pillouno no medio dunha xogada que prometía levantar as gradas do seu estadio imaxinario. Foi como despertar de súpeto dun sono profundo.

“Vámonos, bule….”, dixo seu pai. Saiu arrastrando os pes, pero antes de que seu pai tirase del para fora chegou a decirlle ao dono do bar, que bebía cervexa detrás da barra e boureaba cos amigotes, “señor, gárdeme o futbolín, vou vir por él…”. Xa non chegou a escoitar a risotada que soltou como resposta…

-A ver se andas, que vamos perder o autobús…

-Vou comprar ese futbolín..

-Ay si, e con que cartos?

-Pois non sei… xuntareinos…

-E donde vas poñelo, parvo? vas sacar a cama para poñer o futbolín?

O certo é que non pensara neso, na súa casa casi non collían eles. Sólo había un recuncho donde estaba a cociña de leña e a mesa destartalada, na que comían por turnos, e duas habitacións que en realidade era unha separada por unha cortina que facía as veces de tabique entre o camastro que compartía co seu irmán e o dos seus pais.

-Pois abrirei un bar…, dixo en voz alta.

-Anda neno, deixate de lerias e pensa en traballar…

E él pensou en traballar… e recolleu aceituna, e descargou barcos, e manexou autobuses, e vendeu cachivaches e montou un bar cun espacio o lado da porta, e o final foi buscalo.  

Comprouno por nada… O vello do bar, ao que o tempo e o alcohol trataran tan mal como ao seu destartalado “garito”, levaba tempo tentando desfacerse del. “O único que fai é ocupar”, boureou cando colleu os cartos. Varias veces o tivera no “corredor da morte”, a piques de arder nunha fogueira improvisada no patio de atrás, pero o final, por unha cousa ou por outra, sempre se retrasaba a execución.. unha vez, porque ao vello lle deu un ataque de lumbago cando tentou movelo, outra porque se puxo a chover en cando encendeu o lume.. e outras moitas por eso de “deixar para mañá o que se pode facer hoxe”.

Non se pode decir que os anos non pasasen por él. Solidarizado co ambiente lúgubre e descuidado no que vivía, os ferros estaban oxidados e sucios, os bonecos desteñidos e coa madeira picada, pero conservaban a mirada desafiante e a alineación perfecta para entrar en acción en cando sonase o pitido de inicio do partido.

Camboiu os ferros oxidados por outros novos, lixou os bonecos e pintounos de corres, colocouno o lado da porta, o abeiro do sol de verán e do vento de inverno, e volveu a aquel partido imaxinario que anos atrás deixara sen acabar… “… Pase largo para Amavisca…. Amavisca cruza la línea central del campo y pasa a Zamorano…. Zamorano avanza.. retrocede a Laudrup… Laudrup de nuevo a Zamorano que remata de cabeza y… goooooool….. goooool de Iván Zamorano!!!!…”. O partido rematou coas gradas en pe.

Pensou en empezar outro, pero en canto agarrou os ferros botou en falta algo… Tardou en darse conta do que era: alguén do outro lado que lle crease un pouco de “risco” ao seu equipo de “estrelas de madeira” e que cubrise as “esquinas” que a súa imaxinación desentrenada deixaba ao descuberto…

Mirou aos clientes do seu bar, demasiado vellos e demasiado borrachos para chegar a agarrar os ferros e moito máis para atinar a darlle a bola. Así que se sentou a esperar a un contrincante que estivese á altura ..

E en esas está….

539827471_aabf54fcf5_b.jpg

*A foto é de Sonia

3 comentarios

Archivado bajo Relatos

3 Respuestas a “Goooool de Zamorano!!

  1. Joder, que chulo! Acumúlaseme o choio e ti non mo pós nada fácil, eh, anITA. Espero saber ser unha digna contrincante😉

  2. Mui boa foto a de emeri.
    Un saúdo.

  3. me gusta este proyecto a dúo, ahora veo los frutos del amigo Zamorano

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s