Modotti

Na semana do cómic do meu último verán (é decir, o do 2006), presentaron en A Coruña Modotti. Una mujer del siglo XX. Eu non fun a esa presentación, sólo foi un pequeno detalle nunha conversa, que podería ter quedado ahí como tantos outros…

Este cómic naceu da “obsesión prolongada e cultivada” de Ángel de la Calle, que durante anos soubo que quería contar a esta muller pero non encontraba como…

Eu sabía que quería leela, pero non encontraba donde… A miña foi tamén unha pequena obsesión, non tan prolongada e para nada cultivada, sólo nacida do pequeno detalle dunha conversa e da máis pura intuición. E así comezou a búsqueda infructuosa dun cómic que tiña o cartel de esgotado en todas lados.

Un ano e medio despois chegou as miñas mans en forma de regalo postcumpleaños ou prenavideño.. un regalo, se mal non recordo, do mesmo que puxo o xerme desa pequena obsesión.

Non é o mellor cómic que leín… Ten un problema típico dos que contan algo do que saben moito, da demasiadas cousas por supostas; ademáis é fácil perderse entre tanto personaxe que ven e vai e algunhas “historias” paralelas sinxelamente non as entendo.. Pero hai algo innegable, Ángel de la Calle transmite a perfección a pasión que sinte polo seu personaxe e a pasión que ela sentía por todo o que facía.

Nunha sociedade machista e hipócritamente conservadora (hai cousas que sempre foron igual), Tina Modotti foi todo, conoceunos a todos, estivo en todos lados…. “viviu todas as historias que fixeron Historia”

Foi emigrante na Norte América de principios de século, actriz de segunda no hollywood dos anos vinte, modelo, fotógrafa da pobreza mexicana, comunista convencida, axente secreto da conmitern na Europa de entre guerras, membro do Socorro Rojo na Guerra Civil española…

Foi amante e pupila de Edward Weston, musa de Diego Rivera, referente de Frida Kalho, amiga de Pablo Neruda, enamorada do fundador do partido comunista cubano, invitada en toda festa que se preciase no México dos anos trinta…

Naceu en Udine (Italia), viviu en San Francisco, en Ciudad de México, en París, en Berlín, en Moscú, en Madrid…

E morreu sóla en un taxi mexicano.. dun ataque o corazón, según as versión oficial.. según ouytos, envenenada polos seus propios compañeiros do partido comunista.

Enterrarona na “zona máis miserable” do cementerio de México, cos cartos dunha colecta que fixeron os amigos… Pablo Neruda despediuna cun poema:

Tina Modotti, hermana, no duermes, no, no duermes 

tal vez tu corazón oye crecer la rosa de ayer,

la última rosa de ayer, la nueva rosa.

Descansa dulcemente, hermana

clip_image010.jpgclip_image014.jpgtinaserata-thumb.jpg

1 comentario

Archivado bajo Lecturas

Una respuesta a “Modotti

  1. Miguel AB

    Queremos un blog en castellano!! Que no me entero de nada.

    Un besazo. Miguel.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s