“¡¡Qué dura es la vida del turista!!” 2ª parte

Sábado, 15 de septiembre: Excursión ás lagunas de Bolivia

 pies.jpg 

Acostumadas os madrugóns dos días anteriores, este día salimos as oito da mañá frescas como “rosas”. Camiño da fronteira chilena, un guiri entabla conversación con Pacita. “¿Vosotras tener excursión un día?”. Era o noso compañeiro de viaxe, co que compartiríamos toda a xornada por Bolivia… Según Pacita un extranxeiro de “Poland” que falaba mui ben inglés… na realidade un americano de Pórtland (Oregon) que chapurreaba español. O seu nome Rod…

As dez chegábamos a fronteira de Bolivia, un caseto perdido no medio da nada… e ahí comezaba a nosa aventura altiplánica… Do microbús pasamos a un 4×4 con Rod e con un conductor “autista”, que parece que tiña como única función apretar o claxón para marchar dos sitios…

Despois de maravillarnos coas lagunas blanca e verde, paramos a tomar un baño termal na laguna salada… As miñas pernas, afectadas polos dous invernos que viviron de seguido, destacaban debaixo da auga como dous trozos de mármol blanco… Estiveron a piques de chamar ó forense…

Rematado o baño empezan os efectos secundarios de tanta “maravilla”… Sandra empeza a “apunarse”: dolor de cabeza, mareo, naúseas e tensión baixa… Paz solidarízase con ela e casi nos morre…

Seguimos ruta hacia a laguna colorada, con unha parada nos geiser, nos que asomámolo náriz por dentro do cráter coa absoluta indiferencia do guía, o que lle debía dar igual que nos escaldáramos…   Seguinte parada, unha especie de “fonda” altiplánica na que comimos e na que Paz se paseou como “Pedro por su casa”.

O seguinte alto no camiño foi a laguna colorada, donde nos cansamos de ver flamencos e llamas, que non se dignaron a posar para as fotos de Paz e saliron sempre dándolle o cu… Tamén aquí descubrimos o fotógrafo que Rod levaba dentro… e nos, como nos gusta pouco eso de salir nas fotos, convertímonos encantadas nas súas modelos….

Á volta, despois de ver unha espectacular posta de sol e de sellar o noso pasaporte a luz de foco na fronteira de Bolivia, o SAG chileno casi detén a Pacita por posesión de drogas… “Aquí hay un fuerte olor a coca”, díxolle mentras revisaba a súa mochila… Pacita xa se veía na portada de Interviú coas follas de coca rodeándoa estilo “American beauty” e nos no plató de Salsa Rosa poñéndoa verde… pero todo quedou en nada, a Pacita traficante sólo levaba unhos chicles, e eso non se considera delito, así que volvimos a San Pedro tan “anónimas” como marchamos…

 

 

Domingo 16 de septiembre: Excursión os Geiser de Tatio (nuevamente)

geiser.jpg

Como se se tratase do “Día de la Marmota”, de novo o despertador sonou as catro da mañá e de novo nos enfundamos nas “vinte” capas de roupa que esixían os 15º baixo cero cos que nos amenazaran…

Esta vez a excursión non foi un espexismo… despois de casi duas horas de botes e rebotes, chegamos os máis de 4.000 metros dos Geiser del Tatio, co cu machacadiño polos baches altiplánicos, pero felices… que din que é o importante…

Alí naceu o hit “Geiser, geiser del Tatio”, que a nova estrela da canción, “Pacita”, estará encantada de interpretarvos a nosa volta.. e o baile “glín, glín, glín”, do que tamén temos video… Despois, un baño termal ó que sólo se atreveron Sonia e Paz, pq. as da Pontenova somos máis de nivel do mar e non levamos ben eso dos baños nas alturas altiplánicas… Cousa que, descubrimos, tampouco lles vai ben as de Sigueiro, que pagaron a súa osadía con un baixón de tensión “del quince” (aínda que sospeitamos que o que pasou en realidade é que querían un pouco de coca e non sabía como pedila).

Seguinte parada, o pobo de Machuca (un dos últimos pobos altiplánicos que quedan na zona) no que supostamente íamos probar a carne de llama, pero non estuvemos rápidas e quedamos sin ela..

A última escala da excursión foi o Cactus Forest que, como o seu nome indica, é unha especie de bosque de cactus. O trekking de vinte minutos, no que Pacita nos abandonou a medio camiño para gran preocupación do noso guía (q. xa lle tiña hasta cariño), serviu para demostrar unha vez máis que “las españolas son buenas para el monte”, sexa do que sexa…

E de volta a San Pedro, unha sesta reparadora, unhas compras de última hora e unha incursión no folclore local, acompañadas polo polaco de Oregon… A noite empezou comendo o peor pincho moruno que comín na miña vida na “Ramada” do pobo e acabou en un dos bares “pijos” atacameños bailando Shakira e con Pacita explicándolle a Rod que “la música está very high”, mentras movía a man cual locutor de radio pedindo a entrada no aire…

A última imaxe de San Pedro foi un americano desorientado polo noso abandono prematuro, despois de facerse a ilusión de ter sexo con catro… problemas de comunicación…

Luns 17 de septiembre: Día de maletas e fondas 

 yeinb.jpg

 

O Santiago “feriado” recibíunos tan deserto como a Gran Vía de “Abre los ojos”, coa única compañía das bandeiras chilenas que ondeaban en cada casa (non sabemos se por patriotismo ou pola multa que lles pode caer se non a colgan no día da Patria)…

Na casa, a nevera estaba tan vacía como os nosos estómagos, cando xa daban as tres da tarde.. e a búsqueda de un restaurante no que saciar a nosa fame parecía “misión imposible”.. O final rematamos nun “oasis” en Providencia donde a canción popular torturaba os nosos oídos mentras comíamos unhas patacas con pouca gracia…

Pola tarde, concerto fallido de “Los Jaivas” (un dos grupos máis famosos de Chile) que según a vendedora de boletos “Nunca han cantado (nin cantarán) en toda la historia de la Yein Fonda”…

Así que decidimos pasar da Fonda “cuica ochentera” a máis “popular” da cidade, a do Parque O’Higgins… Para os que non teñan mundo coma nos, as fondas son a versión chilena da parque de Rosalía de Castro no San Froilán… cambiando o pulpo por “anticuchos e choripanes”, as tómbolas por bingos caseros con granos de millo e a muiñeira pola cueca… 

Despois de unha dificultosa saída do metro, onde os “Pacos” con pouco éxito tentaban controlar as ríadas de xente; de vernos como sardiñas en lata tratando de avanzar pola fonda adiante e de buscar infructuosamente pastel de choclo por todos os “casetos” que daban comida… decidimos que non estábamos a altura das circunstancias “populosas” e que unha copa e algo de música de Silvio era o plan perfecto…

A copa convertiuse en varias copas e varios intentos en bares pechados leváronnos ó puro e temido regettón que, tras dúas cancións, saldouse con varias baixas.. As tres turistas volveron a casa con algunha dificultad de orientación e eu rematei a noite bailando a lo “Dirty Dancing” en unha pista vacía e acompañando a dous “incautos” a comer un “completo” que casi os mata…

Martes 18 de septiembre: Tres pes para un banco 

 soniab.jpg

 

Sonia despertou con “Cuerpo de viaje”… En contra de todo pronóstico,  a maleta cerrou con máis facilidade que o vir (cousa sospeitosa, por certo).

Como Sonia non estaba disposta a deixar Chile sin probar o Pastel de choclo volvimos o “populismo” do Parque O’Higgins, a pelearnos de novo por unha cunca de maiz, polo, pino e aceitunas… Gracias a que avisamos o camareiro de que perdíamos o avión conseguimos a comida en “escasamente” media hora e co choclo aínda a medio masticar salimos correndo para que Sonia pillase o “Transvip” para o aeroporto…

As tres e media, Sonia cual “nómada do deserto”, cargada de maletas, emprendeu de novo viaxe… De volta a casa, o ascensor parecía máis lixeiro… a súa ausencia deixaba un vacío tanto físico como emocional… Quedamos tres pes pa un banco…

P.D: Non podemos vivir sin que nos “la manden repetir”…

1 comentario

Archivado bajo Uncategorized

Una respuesta a ““¡¡Qué dura es la vida del turista!!” 2ª parte

  1. Ro

    Estoy esperando ya la tercera parte de “Que dura es la vida del turista”.
    Respecto a esas piernas blancas no debes preocuparte porque este año en Cibeles se lleva la piel blanca en las modelos.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s