Machupichu. Capítulo 1

Unha semana antes de marchar para Perú, los Del sur del sur voltaron indignados de Machupichu… con artigo polémico no Yo periodista de El País e mala sangue correndo cara arriba e cara abaixo…

Así que cando chegamos a Cusco, o noso precavido “equipo” estaba perfectamente advertido do que nos esperaba, de que debíamos levar a carteira ben cheiña de billetes e de cales eran os pasos que tiñamos que dar. Primeiro e prioritario: comprar os billetes de tren.

Se non fas o camiño Inca, a única forma de chegar a Aguas Calientes (o pobo máis cercano a Machupichu, dende donde saen os buses) é en tren. Non se fan reservas, salvo na versión Luxury, e as axencias compran a mans cheas para os grupos organizados, de maneira que os billetes esgótanse con facilidade…

Así que non ben deixamos as maletas no hostal, alá que nos fomos os cinco a estrenarnos na primeira das incontables colas que teríamos que facer ata chegar a Cidade Sagrada dos Incas. Cola para pillar número e posterior espera, intentando descifrar un sistema de cifras e letras sen orden nin concerto no que, por suposto, a Ley de Murphy facía das súas.

Dous días despois estábamos diante doutra longa cola, esta vez para subir o tren en Ollantaytambo… Cola que, por suposto, cambiamos por unha hamburguesa e unha Inca Kola no bar do lado, coa tranquilidade que da ter un billete con asiento asignado (pq. os demáis facían cola?… supoño que por costume…).

Da que sí non nos libramos foi da do día seguinte, as 4:30 am, para comprar a entrada de Machupichu… nin da que había para comprar o billete de bus …nin para subirse a él …nin para entrar en Machupichu …

Eso sí, as sete da mañá estábamos “de los primeritos” na cola para subir ó Waynapichu. Cual Frodo Bolsón e Sam Sagaz subindo as escaleiras de Mordor, ahí que estábamos trepando alegremente por unhas pendentes que se ve miña nai morre do vértigo.

 p1040820c.jpg    p1040831e.jpg

Supoño que levaba tanto tempo escoitando falar do duro que era, que non me pareceu para tanto… Certo é tamén que debín parar cada cen metros para tomar aire e para que o corazón no se me salise do peito… pero chegar, cheguei (Fran, estarías mui orgulloso de min)…

Din que desde a cima do Waynapichu se ve perfectamente que Machupichu ten forma de cóndor (ou de águila, non sei ben), se vou ser sincera, eu non vin nada… pero nunca fun mui boa para recoñecer formas, así que se o dicen, non vou ser eu quen o poña en dúbida.

En calquera caso, a sensación de estar ahí arriba as oito da mañá é indescriptible… No meu caso foi unha mezcla de satisfacción, tranquilidade, alegría, incredulidad….

p1040856.jpg

Logo a baixada que, para min e para as miñas rodillas, foi moito máis dura e longa que a subida… E as nove e media estábamos de novo na ciudadela, con todo un día por diante para saltar como cabriñas polos centos e centos de escaleiras de pedra….

Pero esa xa é outra historia….

Deja un comentario

Archivado bajo Escenarios, Lugares, Viaxes

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s