O que deixou a miña memoria de peixe

Despois dunha final de viaxe “movida” (e nunca mellor dito), con terremoto, dolor de barriga, cancelación de vo e retraso, as semanas anteriores quedaron sumidas nunha especie de néboa…. Parece que fai muito que fun a Machupichu, e parece que fai moitísimo máis que estiven en Tirúa….

Se houbese escrito este post antes do 11 de agosto, de seguro que contaría moitas máis cousas… pero sempre tiven memoria de peixe, e xa din unhas cantas voltas ó acuario dende que volvín do sur de Chile… así que, o que queda son as pinceladas dunha viaxe que se foi desdibuxando e perdendo intensidade, precisamente pola intensidade dos últimos días..

O que me queda é unha mezcla de sensacións contradictorias, ideas deslavazadas (das que, vaia por diante, sei que é inxusto sacar conclusións) e unha certa culpabilidade por non acabar de sentirme a gusto en un lugar no que todo o mundo me abriu as portas…

Por un lado, a paisaxe e a forma de vida do sur resultáronme tan familiares que, por momentos, tiven a sensación de estar de novo na casa… na Galicia da choiva, das cociñas de leña, das matanzas do porco, da carne con cachelos, do pan da casa…  nesa Galicia rural na que os nenos xogan na rúa, as casas sempre están abertas e sempre teñen comida encima da mesa (aínda que só sexa pan con marmelo).

conce76.jpg p1040172.jpg p1040211.jpg p1040223.jpg p1040259.jpg

Pero teño que confesar, e non sen certa vergoña, que esa sensación de “fogar” quedou velada por outras máis fortes: a pena e a incomidade…

Pena por esas mulleres que siguen tendo unha única función na vida: servir o seu marido; polas que son maltratadas e o ven como algo normal… e o que é peor, llo fan ver como algo normal as súas fillas; polas que precisan do beneplácito masculino cada vez que queren facer algo…

Pena tamén por unhos nenos que teñen un futuro incerto, marcado polos vaivenes de familias completamente desestructuradas e pola posibilidade de conseguir, ou non, axudas de 10 lucas que lles permitan estudiar…

E incomodidade por ter que asistir a discriminación racial entre veciños; por ter que distinguir entre “chilenos” e”mapuches”, como se estos últimos non fosen parte dos primeiros ou como se (nun lugar no que a poboación e maioritariamene indíxena) os primeiros non levaran nin pizca de sangue dos segundos…

Incomodidade, finalmente, por ter que asistir a “evanxelización” dunha xente que ten problemas moito máis urxentes que saber a que dios rezarlle…

Deja un comentario

Archivado bajo Lugares, Reflexións, Viaxes

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s