Septiembre 22, 2007

Momento de despedidas

Chegou o momento de celebrar:

 

Mañá será o meu último “carrete chileno”.

Nota: o diseño do flyer é de Sonia

Septiembre 21, 2007

“¡¡Qué dura es la vida del turista!!” 2ª parte

Sábado, 15 de septiembre: Excursión ás lagunas de Bolivia

 pies.jpg 

Acostumadas os madrugóns dos días anteriores, este día salimos as oito da mañá frescas como “rosas”. Camiño da fronteira chilena, un guiri entabla conversación con Pacita. “¿Vosotras tener excursión un día?”. Era o noso compañeiro de viaxe, co que compartiríamos toda a xornada por Bolivia… Según Pacita un extranxeiro de “Poland” que falaba mui ben inglés… na realidade un americano de Pórtland (Oregon) que chapurreaba español. O seu nome Rod…

As dez chegábamos a fronteira de Bolivia, un caseto perdido no medio da nada… e ahí comezaba a nosa aventura altiplánica… Do microbús pasamos a un 4×4 con Rod e con un conductor “autista”, que parece que tiña como única función apretar o claxón para marchar dos sitios…

Despois de maravillarnos coas lagunas blanca e verde, paramos a tomar un baño termal na laguna salada… As miñas pernas, afectadas polos dous invernos que viviron de seguido, destacaban debaixo da auga como dous trozos de mármol blanco… Estiveron a piques de chamar ó forense…

Rematado o baño empezan os efectos secundarios de tanta “maravilla”… Sandra empeza a “apunarse”: dolor de cabeza, mareo, naúseas e tensión baixa… Paz solidarízase con ela e casi nos morre…

Seguimos ruta hacia a laguna colorada, con unha parada nos geiser, nos que asomámolo náriz por dentro do cráter coa absoluta indiferencia do guía, o que lle debía dar igual que nos escaldáramos…   Seguinte parada, unha especie de “fonda” altiplánica na que comimos e na que Paz se paseou como “Pedro por su casa”.

O seguinte alto no camiño foi a laguna colorada, donde nos cansamos de ver flamencos e llamas, que non se dignaron a posar para as fotos de Paz e saliron sempre dándolle o cu… Tamén aquí descubrimos o fotógrafo que Rod levaba dentro… e nos, como nos gusta pouco eso de salir nas fotos, convertímonos encantadas nas súas modelos….

Á volta, despois de ver unha espectacular posta de sol e de sellar o noso pasaporte a luz de foco na fronteira de Bolivia, o SAG chileno casi detén a Pacita por posesión de drogas… “Aquí hay un fuerte olor a coca”, díxolle mentras revisaba a súa mochila… Pacita xa se veía na portada de Interviú coas follas de coca rodeándoa estilo “American beauty” e nos no plató de Salsa Rosa poñéndoa verde… pero todo quedou en nada, a Pacita traficante sólo levaba unhos chicles, e eso non se considera delito, así que volvimos a San Pedro tan “anónimas” como marchamos…

 

 

Domingo 16 de septiembre: Excursión os Geiser de Tatio (nuevamente)

geiser.jpg

Como se se tratase do “Día de la Marmota”, de novo o despertador sonou as catro da mañá e de novo nos enfundamos nas “vinte” capas de roupa que esixían os 15º baixo cero cos que nos amenazaran…

Esta vez a excursión non foi un espexismo… despois de casi duas horas de botes e rebotes, chegamos os máis de 4.000 metros dos Geiser del Tatio, co cu machacadiño polos baches altiplánicos, pero felices… que din que é o importante…

Alí naceu o hit “Geiser, geiser del Tatio”, que a nova estrela da canción, “Pacita”, estará encantada de interpretarvos a nosa volta.. e o baile “glín, glín, glín”, do que tamén temos video… Despois, un baño termal ó que sólo se atreveron Sonia e Paz, pq. as da Pontenova somos máis de nivel do mar e non levamos ben eso dos baños nas alturas altiplánicas… Cousa que, descubrimos, tampouco lles vai ben as de Sigueiro, que pagaron a súa osadía con un baixón de tensión “del quince” (aínda que sospeitamos que o que pasou en realidade é que querían un pouco de coca e non sabía como pedila).

Seguinte parada, o pobo de Machuca (un dos últimos pobos altiplánicos que quedan na zona) no que supostamente íamos probar a carne de llama, pero non estuvemos rápidas e quedamos sin ela..

A última escala da excursión foi o Cactus Forest que, como o seu nome indica, é unha especie de bosque de cactus. O trekking de vinte minutos, no que Pacita nos abandonou a medio camiño para gran preocupación do noso guía (q. xa lle tiña hasta cariño), serviu para demostrar unha vez máis que “las españolas son buenas para el monte”, sexa do que sexa…

E de volta a San Pedro, unha sesta reparadora, unhas compras de última hora e unha incursión no folclore local, acompañadas polo polaco de Oregon… A noite empezou comendo o peor pincho moruno que comín na miña vida na “Ramada” do pobo e acabou en un dos bares “pijos” atacameños bailando Shakira e con Pacita explicándolle a Rod que “la música está very high”, mentras movía a man cual locutor de radio pedindo a entrada no aire…

A última imaxe de San Pedro foi un americano desorientado polo noso abandono prematuro, despois de facerse a ilusión de ter sexo con catro… problemas de comunicación…

Luns 17 de septiembre: Día de maletas e fondas 

 yeinb.jpg

 

O Santiago “feriado” recibíunos tan deserto como a Gran Vía de “Abre los ojos”, coa única compañía das bandeiras chilenas que ondeaban en cada casa (non sabemos se por patriotismo ou pola multa que lles pode caer se non a colgan no día da Patria)…

Na casa, a nevera estaba tan vacía como os nosos estómagos, cando xa daban as tres da tarde.. e a búsqueda de un restaurante no que saciar a nosa fame parecía “misión imposible”.. O final rematamos nun “oasis” en Providencia donde a canción popular torturaba os nosos oídos mentras comíamos unhas patacas con pouca gracia…

Pola tarde, concerto fallido de “Los Jaivas” (un dos grupos máis famosos de Chile) que según a vendedora de boletos “Nunca han cantado (nin cantarán) en toda la historia de la Yein Fonda”…

Así que decidimos pasar da Fonda “cuica ochentera” a máis “popular” da cidade, a do Parque O’Higgins… Para os que non teñan mundo coma nos, as fondas son a versión chilena da parque de Rosalía de Castro no San Froilán… cambiando o pulpo por “anticuchos e choripanes”, as tómbolas por bingos caseros con granos de millo e a muiñeira pola cueca… 

Despois de unha dificultosa saída do metro, onde os “Pacos” con pouco éxito tentaban controlar as ríadas de xente; de vernos como sardiñas en lata tratando de avanzar pola fonda adiante e de buscar infructuosamente pastel de choclo por todos os “casetos” que daban comida… decidimos que non estábamos a altura das circunstancias “populosas” e que unha copa e algo de música de Silvio era o plan perfecto…

A copa convertiuse en varias copas e varios intentos en bares pechados leváronnos ó puro e temido regettón que, tras dúas cancións, saldouse con varias baixas.. As tres turistas volveron a casa con algunha dificultad de orientación e eu rematei a noite bailando a lo “Dirty Dancing” en unha pista vacía e acompañando a dous “incautos” a comer un “completo” que casi os mata…

Martes 18 de septiembre: Tres pes para un banco 

 soniab.jpg

 

Sonia despertou con “Cuerpo de viaje”… En contra de todo pronóstico,  a maleta cerrou con máis facilidade que o vir (cousa sospeitosa, por certo).

Como Sonia non estaba disposta a deixar Chile sin probar o Pastel de choclo volvimos o “populismo” do Parque O’Higgins, a pelearnos de novo por unha cunca de maiz, polo, pino e aceitunas… Gracias a que avisamos o camareiro de que perdíamos o avión conseguimos a comida en “escasamente” media hora e co choclo aínda a medio masticar salimos correndo para que Sonia pillase o “Transvip” para o aeroporto…

As tres e media, Sonia cual “nómada do deserto”, cargada de maletas, emprendeu de novo viaxe… De volta a casa, o ascensor parecía máis lixeiro… a súa ausencia deixaba un vacío tanto físico como emocional… Quedamos tres pes pa un banco…

P.D: Non podemos vivir sin que nos “la manden repetir”…

Septiembre 15, 2007

“¡¡Qué dura es la vida del turista!!”

Mércores 12 de septembro: Excursión ó Valle de la LunaA viaxe  empeza con unha tormenta de area no Valle da Morte,  no preciso instante no que o guía intentaba contarnos de onde lle ven o nome. Casi o comprobamos en carne propia.Despois de meternos na pel do Correcaminos subíndonos a súa pedra ( ver foto) vimos un “coyote” baixar unha duna a fume de carozo mentras entonaba “La vida es una tómbola”. Non foi un espejismo do deserto, era Pacita…Enfilamos a Quebrada de Kari baixo un sol abrasador donde descubrimos que “las españolas son buenas para el  monte” (Guillermo guía local dixit)… Viña a proba de fogo (hai vídeo), que como boas cabras superamos airosas. O premio, unha posta de sol espectacular no Valle da Luna.  

 corre-caminosb.jpg    quebradab.jpg

Xoves 13 de septembro: Excursión ó Salar de Atacama e as Lagunas Altiplánicas. 

Madrugón as cinco e media da mañá para ver os flamencos no salar de Atacama. Despois de espantar ós poucos exemplares que conseguimos ver de lonxe e de descubrir que algunhas estaban máis interesadas en outro tipo de “fauna local” (os guías atacameños causan sensación), desaiunamos te de coca e pan de pascua mirando o salar. O día amencía calmado… pero esto sí que foi un espejismo, nas lagunas altiplánicas esperábanos o frío andino e o vento xeado do deserto, que nos pillou máis preparadas para a sesión de modelaxe fotográfico diario que para os trekking polas quebradas e as beiras dos lagos. O premio este día, unha rica comida en Socaire e unha sesta, no meu caso, que me devolveu á vida. 

quebrada2b.jpg   frio.jpg

Venres 14 de septembro: Excursión os Geiser de Tatio 

O despertador sonou as tres e media da mañá como se fose un pesadelo… Colócamos as vinte capas de roupa que esixían os 15º baixo cero que nos esperaban, e salimos para a porta do hostal cal muñecos de michelín.Despois de 45 minutos de espera unha sombra apareceu sigilosa pola rúa Caracoles. “Chicas, tengo una mala noticia… el paso está cerrado, la excursión se suspende”… As nosas caras quedaron tan xeadas como as montañas polas que xa non íbamos pasar. Volta a cama con banda sonora: os ronquidos de Pacita rompían a calma da noite. Como non conseguimos aplacalos cos típicos chasquidos cariñosos, tivemos que recurrir a un ataque de forza bruta. Eu fun a man executora, pero unha man negra estaba detrás do ataque… A teniente Alonso espoleu a miña mala hostia hasta que lle arreei un remazo…As dez da mañá levantámonos como se o episodio anterior nunca houbese acontecido… Empezaba un novo día e algo había que facer… O primeiro, esquivar un matrimonio catalán que buscaba amigos… O noso día arranxouse cunha excursión en bicicleta ó Pukara de Quitor, na que nos demos conta de que tanto os nosos cus como as nosas pernas necesitaban unhas boas sesións de ximnasio. (“Nalgas de acero” está pasando en horas baixas).Cos nosos cus resentidos e con unha capa de polvo incrustada na pel unímonos a unha nova excursión á Lagoa Céjar. Un baño gratificante, nun auga con tres veces máis sal que o mar, mecía os nosos corpos como se fosen de corcho. Foi a recompensa do día… complementada cun atardecer espectacular con pisco sour incluido…      

bicis.jpg   lagunab.jpg

Qué dura es la vida del turista!!! Para de sufrir!!!

P.D: disculpas anticipadas polos erros ortográficos… A altitude afectanos..

Septiembre 4, 2007

A misma de sempre

Hai días que me gustaría reinventarme. Empezar de cero e sacudirme de encima todas esas “cualidades e defectos” que me fan tropezar unha vez tras outra na mesma pedra…

Hai días que me gustaría deixar de ser “Anita”, a que sempre dice sí a todos os planes, a confidente de secretos que non quere oir, de historias nas que non debería ser a receptora, a que se traga os sentimentos e pon boa cara cando ten ganas de darlle puñetazos as paredes… a que xa está preparada para o final antes do comezo…

Hai días que me prometo a min mesma que vou cambiar…, pero sempre que o intento me xurde algún plan ó que non podo negarme, algún “amigo” que necesita contar un secreto, algunha historia que non debería oir pero que non podo deixar de escoitar… e nunca teño unha parede o suficientemente cerca para darlle golpes…

Asi que o final da historia sempre se repite… sigo sendo a misma…

Agosto 28, 2007

“Que din os rumorosos”

Levo toda a mañá “flipando” co nivel de debate político que temos en Galicia… Os dous partidos do Goberno levan días “peleando” por si nas galescolas se enseñará o himno galego ou non se enseñará.

O PSOE di que nas garderías non se pode “adoctrinar” os nenos … o BNG que na etapa infantil hai que promover o coñecemento das costumes e tradicións galegas…

Os nacionalistas acusan os socialistas de “acomplejamiento e autoodio”… e os socialistas “se rasgan las vestiduras” ante estas declaracións, replicando que “de compromiso co país,  difícilmente reciben leccións”…

O debate “himno sí, himno no” alcanza tales “niveles” que se escuitan argumentos tan convincentes como: “rexeitar os versos de Pondal é como pensar que a canción dos Payasos -vamos de paseo en un auto feo / pero no me importa porque llevo torta- alenta a conducción temeraria”, que di Quintana…. ou “apelo a deixar a estéril polémica na estación do ano na que naceu, como unha serpente de verán”, que responde o sempre “carismático” Touriño…

En fin, que será a distancia pero… eu non vexo o problema…

Os que se deben estar aburrindo bastante son os do PP, comendo pipas diante da tele… total de facerse oposición e de poñerse “verdes” xa se encargan os do propio Goberno…

Agosto 27, 2007

“Llevolo Sumiciu”

sumib.jpg 

“Sumiciu” é un duende asturiano que ten entre os seus hobbies favoritos o de facer desaparecer as cousas… É pequeno e difícil de ver, pero anda polas casas roubando zapatos, gafas, calcetines…

En italia teñen outro duende para estas cousas: Monaciello… Este vai vestido de fraile e tamén lle gusta o de apropiarse de axeno…

Eu son un dos seus “blancos” favoritos… Xa o fun dende pequena, e a medida que pasan os anos a “afición” destos duendes pola miña persona medra…

Como senón se explica a desaparación daquela chaqueta de cuero granate, que tanto me gustaba, ou do meu bikini azul (que tan ben me quedaba)?… Miña nai está segura de que é o meu despiste innato (cantas veces tiven que oir eso de: sempre estás nas nubes), e sospeito que máis de un e de unha comparten esa opinión….

Pero eu cada vez estou máis convencida de que os duendes me atacan… A última foi esta semana: desapareceu unha das miñas botas negras.. Busquei por toda a casa, revolvín o armario de arriba a abaixo, mirei entre a roupa sucia, debaixo dos sofás, das mesas, dos muebles… e a bota non apareceu… Os dous días abrín o armario e alí estaba, perfectamente colocada no seu lugar de sempre…

Hoxe dinme de conta de que me faltan duas camisetas e un jersey… Así que a min decídeme o que queirades pero está máis que claro: “Llevolo Sumiciu”…

Agosto 23, 2007

Machupichu. Capítulo 1

Unha semana antes de marchar para Perú, los Del sur del sur voltaron indignados de Machupichu… con artigo polémico no Yo periodista de El País e mala sangue correndo cara arriba e cara abaixo…

Así que cando chegamos a Cusco, o noso precavido “equipo” estaba perfectamente advertido do que nos esperaba, de que debíamos levar a carteira ben cheiña de billetes e de cales eran os pasos que tiñamos que dar. Primeiro e prioritario: comprar os billetes de tren.

Se non fas o camiño Inca, a única forma de chegar a Aguas Calientes (o pobo máis cercano a Machupichu, dende donde saen os buses) é en tren. Non se fan reservas, salvo na versión Luxury, e as axencias compran a mans cheas para os grupos organizados, de maneira que os billetes esgótanse con facilidade…

Así que non ben deixamos as maletas no hostal, alá que nos fomos os cinco a estrenarnos na primeira das incontables colas que teríamos que facer ata chegar a Cidade Sagrada dos Incas. Cola para pillar número e posterior espera, intentando descifrar un sistema de cifras e letras sen orden nin concerto no que, por suposto, a Ley de Murphy facía das súas.

Dous días despois estábamos diante doutra longa cola, esta vez para subir o tren en Ollantaytambo… Cola que, por suposto, cambiamos por unha hamburguesa e unha Inca Kola no bar do lado, coa tranquilidade que da ter un billete con asiento asignado (pq. os demáis facían cola?… supoño que por costume…).

Da que sí non nos libramos foi da do día seguinte, as 4:30 am, para comprar a entrada de Machupichu… nin da que había para comprar o billete de bus …nin para subirse a él …nin para entrar en Machupichu …

Eso sí, as sete da mañá estábamos ”de los primeritos” na cola para subir ó Waynapichu. Cual Frodo Bolsón e Sam Sagaz subindo as escaleiras de Mordor, ahí que estábamos trepando alegremente por unhas pendentes que se ve miña nai morre do vértigo.

 p1040820c.jpg    p1040831e.jpg

Supoño que levaba tanto tempo escoitando falar do duro que era, que non me pareceu para tanto… Certo é tamén que debín parar cada cen metros para tomar aire e para que o corazón no se me salise do peito… pero chegar, cheguei (Fran, estarías mui orgulloso de min)…

Din que desde a cima do Waynapichu se ve perfectamente que Machupichu ten forma de cóndor (ou de águila, non sei ben), se vou ser sincera, eu non vin nada… pero nunca fun mui boa para recoñecer formas, así que se o dicen, non vou ser eu quen o poña en dúbida.

En calquera caso, a sensación de estar ahí arriba as oito da mañá é indescriptible… No meu caso foi unha mezcla de satisfacción, tranquilidade, alegría, incredulidad….

p1040856.jpg

Logo a baixada que, para min e para as miñas rodillas, foi moito máis dura e longa que a subida… E as nove e media estábamos de novo na ciudadela, con todo un día por diante para saltar como cabriñas polos centos e centos de escaleiras de pedra….

Pero esa xa é outra historia….

Agosto 22, 2007

O que deixou a miña memoria de peixe

Despois dunha final de viaxe “movida” (e nunca mellor dito), con terremoto, dolor de barriga, cancelación de vo e retraso, as semanas anteriores quedaron sumidas nunha especie de néboa…. Parece que fai muito que fun a Machupichu, e parece que fai moitísimo máis que estiven en Tirúa….

Se houbese escrito este post antes do 11 de agosto, de seguro que contaría moitas máis cousas… pero sempre tiven memoria de peixe, e xa din unhas cantas voltas ó acuario dende que volvín do sur de Chile… así que, o que queda son as pinceladas dunha viaxe que se foi desdibuxando e perdendo intensidade, precisamente pola intensidade dos últimos días..

O que me queda é unha mezcla de sensacións contradictorias, ideas deslavazadas (das que, vaia por diante, sei que é inxusto sacar conclusións) e unha certa culpabilidade por non acabar de sentirme a gusto en un lugar no que todo o mundo me abriu as portas…

Por un lado, a paisaxe e a forma de vida do sur resultáronme tan familiares que, por momentos, tiven a sensación de estar de novo na casa… na Galicia da choiva, das cociñas de leña, das matanzas do porco, da carne con cachelos, do pan da casa…  nesa Galicia rural na que os nenos xogan na rúa, as casas sempre están abertas e sempre teñen comida encima da mesa (aínda que só sexa pan con marmelo).

conce76.jpg p1040172.jpg p1040211.jpg p1040223.jpg p1040259.jpg

Pero teño que confesar, e non sen certa vergoña, que esa sensación de “fogar” quedou velada por outras máis fortes: a pena e a incomidade…

Pena por esas mulleres que siguen tendo unha única función na vida: servir o seu marido; polas que son maltratadas e o ven como algo normal… e o que é peor, llo fan ver como algo normal as súas fillas; polas que precisan do beneplácito masculino cada vez que queren facer algo…

Pena tamén por unhos nenos que teñen un futuro incerto, marcado polos vaivenes de familias completamente desestructuradas e pola posibilidade de conseguir, ou non, axudas de 10 lucas que lles permitan estudiar…

E incomodidade por ter que asistir a discriminación racial entre veciños; por ter que distinguir entre “chilenos” e”mapuches”, como se estos últimos non fosen parte dos primeiros ou como se (nun lugar no que a poboación e maioritariamene indíxena) os primeiros non levaran nin pizca de sangue dos segundos…

Incomodidade, finalmente, por ter que asistir a “evanxelización” dunha xente que ten problemas moito máis urxentes que saber a que dios rezarlle…

Agosto 16, 2007

Terremoto en Perú

Terremoto de 7,9 en Perú, o máis forte desde 1974. O aeroporto de Lima, un edificio novo e preparado para sismos, moveuse como se fose de papel… non quero pensar como sería nos centos de casas de adobe que vin en este país, ou en Pisco e Cañete, as zonas donde se rexistraron o maior número de mortos. Xa van por 350.

A min non me deu tempo a pensar muito máis que en correr fora do edificio, “rezando” para que non me caera encima ningún dos trozos de falso techo que caían por todos lados e para que a xente, histérica e aterrada, non empezase a empuxar e a amontonarse nas salidas…

Despois, esperar a volta dos amigos que estaban no centro e asistir a impotencia dos peruanos que intentaban contactar coas súas familias e non o conseguían… A rede telefónica estaba “off”.

Ahora estamos en un hotel, o lado do aeroporto, esperando que Gol nos leve por fin a Chile. Edificio preparado para sismos, pensión completa e todas as comodidades… outros non tiveron tanta sorte.

Agosto 10, 2007

De Tirúa a Machu Pichu

O miércoles cheguei de Tirúa, o xoves nevou en Santiago (por primeira vez en trinta anos) e esta noite marcho para Machu Pichu.

Xa se acerca a volta á casa e a esa normalidade que por momentos se bota de menos e por momentos asusta tanto…