Noviembre 26, 2008

Diario dun sábado gris

diagris

Despois de tempo sen escribir no blog, este sábado tiven un momento de inspiración.  Inspiroume a negrura do día e a resaca dunha noite “apática” da que despertei coa cabeza ateigada de sombras.

Pola mañá escribín na miña libreta: “As veces gustaríame volver a nacer, e amoblar a miña cabeza dende a liberdade dos espazos baleiros. Ordenar as prioridades, distribuír os pensamentos positivos polos estantes, colgar os “regalos” da vida nas paredes, colocar un vaso medio cheo na mesa, agochar as angustias no fondo dun armario sen chave e desterrar definitivamente os medos da miña casa. En días como hoxe, no que o ceo é tan gris, gustaríame volver a nacer e pintar a casa de azul”.

A medio día volvía a escribir: “Hai días que preciso falar e me agarro ao teléfono como a un clavo ardendo. Repaso na cabeza a lista de amigos e abro a tapa do sony ericson como o que abre unha ventá á luz. Marco, espero, e unha voz amiga responde ao outro lado… coas súas  “ralladuras” e as súas anécdotas, que fan máis levadeiros os días de inverno e me recordan o afortunada que son de ter alguén ao outro lado da liña”.

Pola tarde empecei a ler “Memoria de días usados”…. e recordei por que non escribo no blog…

Octubre 22, 2008

A ventá azul

Baleirou as paredes, rompeu as fotos, meteu os libros en caixas e

escondeunas no faiado, regalou a roupa, vernizou os mobles, colgou un

cadro dunha flor e queimou a cadeira dende a que a miraba cada tarde…

Despois, comprou un espello e mirouse dende o outro lado durante

horas.

Por último, pintou a ventá de azul e tirou o pasado por ela.

 

 *A foto é de Sonia, e este é o primeiro capítulo desa serie de relatos cortos que nos marcamos como obxetivo número 2 para este outono.

Octubre 21, 2008

Obxetivos para novembro

Ahora que Sonia xa volveu da súa ruta literaria por Barcelona e Alemania, e q parece que chega o outono, xa temos un novo capítulo de “Obxetivos” para o mes de novembro.. Ahí van:

1. Iniciar unha serie fotográfica de paraguas
2. Iniciar unha serie de relatos cortos (máximo 100 palabras) inspirados en fotos de Galicia
3. Inaugurar a casa de Sonia con unha noite de “chicas e crema de orujo”
4. Pasar unha noite sórdida (ou no) con un descoñecido
5. Seguir diversificando
6. Celabrar os meus 33 hasta olvidarnos de que os cumplo
7. Escaparse un fin de semana a un sitio bueno, bonito y barato
8. Cumplir todos os puntos anteriormente citados

Septiembre 26, 2008

De volta na casa… A viaxe por Croacia foi un pouco rápida, como a de Ángel Llacer en Planeta Finito, pero coa tecla de Forward pulsada. En cinco días cruzamos Eslovenia, paseamos por Rovinj (a “pequena xoia de Istria”), visitamos Pula, comimos en Opatija, escoitamos o órgano marino de Zadar, desayunamos en Sibenik, deixámonos timar en Trogir, fixemos unha pequena incursión no centro histórico de Split (construido nas ruinas dun castelo), cruzamos a salida ao mar de Bosnia, dormimos en Makarska, mollamos os pes no Adriático, probamos as ostras en Ston, vimos o atardecer nas murallas de Dubrovnik, desayunamos mirando ao mar en Slano, visitamos as cascadas do parque natural de Krka, dimos un corto paseo nocturno por Kastav… e todo eso sin olvidarnos da visita a Venecia. Pódese facer mellor pero non máis rápido.

As conclusións da viaxe, tamén rápidas… A primeira, os croatas son un peligro ao volante e os adelantamientos en liña continua son o pan de cada día… A segunda, non saben o que é unha toalla de baño e as de lavabo non dan para tapar moito cando sales da ducha… A terceira, non me extraña que se estén levando o turismo de España, eso do feismo urbanístico non existe e aínda non adquiriron esa “bonita costumbre” de construir complexos vacacionales na beira das praias…. e cuarta, NECESITO UNHAS VACACIÓNS PARA DORMIR!!!

Septiembre 13, 2008

Empeza a aventura!!. As 9:50 salimos para Venecia, por diante unha semana de ruta por Croacia con catro “cabezotas” encerrados nun coche, unha “pobre enfermiña” que case non anda, un gps que che manda torcer donde non hai rúa, unha previsión meteorolóxica de choiva día si e día tamén, e planes para ver en cinco días o que a xente “normal” faría en quince…

Esto vai ser divertido!

Septiembre 12, 2008

Sempre hai un barco que te leve…

Cuando las plazas se convierten en gargantas
y las calles son desfiladeros
cuando la noche se hace eterna y larga
que esperar a que amanezca es tu consuelo

Marcho de vacacións coa cabeza “como un bombo” e con moitas ganas de fuxir de todo e de todos. Esta semana foi demasiado intensa.

Demasiado traballo, demasiado “mal rollo” acumulado, demasiada tensión, demasiadas decepcións e demasiadas cousas que me arañan a garganta loitando por salir berrando….

Pero como “nunca choveu que non escampara”, confío en que o tempo, a distancia e o aire do Adriático me devolvan máis tranquila.

Siempre habrá algún barco que te lleve lejos
de ese saco reventado de recuerdos …

Agosto 28, 2008

Reflexións de aniversario

Pois xa que se me puxeron morriñentas, eu non vou a ser menos. Sí, xa case fai un ano…

Casi fai un ano que como di emereci empezamos a albiscar a despedida do Santiago Austral, no meu caso a despedida de seis meses “sabáticos” que me enseñaron a tratar conmigo mesma, a levarme mellor cos momentos de soidade, a valorar máis todo o que deixara a este lado do Atlántico e a confirmar que, en calquera parte do mundo, hai xente maravillosa.

A min non sólo me asexaban as dúbidas vitais, a min aterrábame pensar o que iba a encontrar á volta… pero casi un ano despois sei que mereceu a pena. Mereceu a pena voltar a esta cidade que a veces me gusta tanto e outras me da arrepío; mereceu a pena ir a vivir sola e enfrentarme os “espíritus” nocturnos que non me deixaban dormir; mereceron a pena todas as discusións e debates cos “Inercia” (aínda que a veces me “enfurruñe”); mereceron a pena todos os erros na “técnica” e todas as malas “medidas dos tempos”; mereceron a pena as, cada vez máis escasas, noites “areopagitas” e os planes de treintañeros; mereceu a pena volver a viaxar con Sandra e con Rocío; mereceron a pena todos os desvaríos, os proxectos irrealizados e os obxetivos non alcanzados … mereceu a pena cada un dos minutos deste último ano…

Pero aínda así, outra parte de min tamén bota de menos Lyon 920 (a miña segunda casa chilena), as “cenas de chicas” semanais, as noites en Bellavista, o turismo “sufrimiento” e… como non, a miña familia chilena.

“Ha sido divertido
me equivocaría otra vez…”

Agosto 8, 2008

Historias de praia

 

As praias de A Coruña parecen Benidorm… Atopar un oco para a toalla a máis de medio metro do que está ao lado é “misión imposible”; meterse no auga a intentar nadar, un “suicidio” (ou morres de impacto térmico ou cáeche enriba algún “simpático” bañista);

 e conseguir untarte de crema sen que algún “inocente infante” pase correndo polo teu lado e te deixe como unha croqueta, simplemente unha utopía…

Pero aínda así, a min gústanme as tardes de praia… e gústanme as praias de cidade, con esa mestura de “fauna urbana” de todas as clases, idades e condicións. E se ademais, a “fauna” é a de Monte Alto, o entretemento está asegurado….

Alí están os típicos “chulos de barrio”, “con sus tatoos y sus buuuhh neno.. “. “; o “pequeno tenista” que corre ao berro de “soy Rafa Nadal, soy Rafa Nadal”;  as quinceañeras “pijitas” que pasan a tarde entre “llamaditas de Javier” e contos sobre a amiga que marchou de casa e se operou as tetas; o matrimonio “madurito” que non para de “achucharse” e que escapa das “quinceañeras pijitas” como da peste; a dependenta do “Corte” que asegura que non só contratan a guapas ou intelixentes… “que allí también trabaja mucha gente de Ferrol”; a señora venezolana que se namorou dun señor casado que lle promete deixar á muller; o mozo que deixou as drogas “oficialmente” fai tres anos (extraoficialmente entendo que as sigue tomando)….. e os meus favoritos, a familia “tilirín”: avó e avoa, neto (duns catro anos) e tío “colgado”.

Reproduzo situación:

O neno tíralle ao avó unha chancla á cabeza.. o avó replica “es un fillo de puta” (q digo eu, que a puta será ou a súa filla ou a súa nora) … a avoa azuza “pégalle aí, pégalle”… o neno rí e tíralle a outra chancla á avoa… “fillo de puta”, repiten… “cabrón”, reiteran… A avoa colle a chancla e pégalle ao neno que, á súa vez, lle pega á avoa…

Entón entra en escena o tío, con cara de acabar de fumarse toda a herba dun “coffee shop” holandés… “Vamos por ahí a dar un paseo… a ver a las jas (rapazas en coruño)”,lle di ao neno…

E para alá que se van os dous, agarrados da man, nunha “bucólica” estampa familiar. O último que escoito é: “Llámales putas… puta, puta”… “puta, puta,”, repite feliz o neno…

Praias! un microcosmos social digno de estudio!

 

 

Julio 27, 2008

Soños escondidos

Levo muito tempo sin soñar… bueno, maticemos, levo muito tempo sin acordarme do que soño…

O outro día din con un libro desos de interpretación de soños e acordeime de que me regalaran un unha navidad e de que antes soñaba máis, ou me acordaba máis.

Cando era pequena soñaba a miudo que morría miña nai e despertaba co corazón salíndoseme do peito e co medo na boca… As veces, o medo era tal que me levantaba e iba ata a habitación de meus pais para comprobar que seguían respirando.

Tamén soñaba moitas veces que baixaba por unhas escaleiras e, de súpeto, desaparecían de debaixo dos meus pes. O último que sentía antes de despertar era o meu corpo caendo o vacío. Según o libro de interpretación de soños, caer o vacío pode indicar o temor de perder o respeto de outros, o estatus social ou profesional… ainda que non creo que tivese máis de 15 anos cando soñaba esto, así que non sei moi ben que estatus podía perder.

Outro soño recurrente era eu intentando escapar de aguén que me perseguía, pero as miñas pernas non respondían… o corpo empezábame a pesar e cada vez avanzaba máis lentamente, ata que casi era incapaz de moverme. Esto, parece ser, significa falta de autoestima e confianza en un mesmo.

Outras veces non podía berrar. Enfrentábame a algún peligro e cando iba a pedir “auxilio” da miña boca non salía ningún sonido (era desesperante). Esto, según esa ciencia tan exacta que é a interpretación dos soños, significa que estaba estancada na vida e non podía expresar o que realmente sentía e desexaba.

Tamén recordo, xa de máis grandiña, algunha noite de sexo (soñado, me refiero) con unha das persoas que máis repulsión me produce neste mundo. Esto non sei o que significa, pero o asco que sentía o despertarme era máis que suficiente…

Peeero… as veces tamén soñaba cousas agradables, incluso moi agradables… E o peor era despertar antes de chegar ao final do soño. Sempre intentaba volver a dormirme para retomar a historia no punto donde se quedara e, evidentemente, nunca o conseguía…

Así que, vista a miña traxectoria como soñadora, igual é unha sorte non soñar. Ademáis, sempre queda o recurso de facelo desperta, que ten a gran ventaxa de que soñas o que queres e a historia acaba como o cando ti queres.

*A foto é un dos resultados dunha sesión de “autofotismo” nos últimos días en Chile, compartindo soños con Sandra

Junio 16, 2008

Os “Kidult”

Quedo con “Turito” e intercambiamos impresións sobre as nosas últimas experiencias sentimentales.. poucas novedades: él “se tiene que quitar” e eu “debería ir empezando”.

No medio dos nosos típicos desvaríos sobre a idade e as súas consecuencias sale un novo termo: os “kidult”, algo así como adultos con alma de adolescentes ou ”adultos que cuidan a su niño interior”…

Si desayunas Cola Cao, merendas Nocilla, lees a Harry Potter, te tragaches a versión extendida de “El señor de los anillos”, compraches recentemente unhas “Converse”, participaches en un botellón ou segues añorando os capítulos de V… amigo, estás perdido.. eres un “Kidult”.

Faime gracia… últimamente non paro de escoitar referencias á idade e a esos trinta anos que, polo visto, son unha barreira psicolóxica difícil de superar.

En esta xeración de ”adultos en vías de xestación” parece terse instalado unha especie de sentimento de culpa por seguir disfrutando das cousas coas que disfrutábamos aos vinte anos… Como se medrar fose un exercicio de “amnesia” donde non entran os gustos da infancia ou da adolescencia.

Que pasa?… que aos 29 se atrofian as papilas gustativas e xa non eres capaz de apreciar o sabor do Cola Cao ou da Nocilla?… e que ten de malo que che guste ver películas donde os bos sempre gañan e os malos sempre perden? sólo hai que poñer os informativos para voltar a “cruda” realidade… e qué se prefieres unhas zapatillas deportivas a romperte os pes con unhos zapatos de tacón? seguro que a túa espalda cho vai agradecer cando chegues aos 40 (pq. sí, hai vida máis alá dos trinta)… e que ten de malo chegar a casa “con las luces de otro día” e con máis alcohol en sangre do estrictamente necesario?… xa descansaremos cando estemos mortos…

Reivindico os trinta como a idade perfecta para facer o que a cada un lle pete… Abaixo o “síndrome treintañero”…