Sigo asombrándome da capacidade de entusiasmo que teñen os nenos, desa facilidade para ser felices coas cousas máis sinxelas… é unha pena que nese proceso que chaman “crecemento” desaprendamos en lugar de aprender, que nos enseñen a ter medo, a controlar as emocións (ou máis ben a escondelas), a desencantarnos…
30 nenos xuntos nun espacio pechado poderían ter sido un inferno, pero polo contrario foron un soplo de alegría neste momento de desánimo xeral, un “oasis” sen crise, desilusión nin medo ao futuro.
Advertisement



