Julio 29, 2009...3:57 pm

“Teño o terceiro chakra bloqueado”

Saltar a Comentarios

chackrasTeño o terceiro chakra bloqueado, o que está dous dedos por encima do ombligo. É o máis grande e o máis potente de todos os chakras; o que “regula a enerxía, o poder da vontade, a autoestima, o sentido do control e a forza que impulsa a actuar” e o que acumula os nosos “”medos, culpas e iras sin resolver”.

Cando este chackra está bloquedo “a persona bloqueará os seus sentimentos ata o punto de non sentir ningunha emoción”, ademáis “non haberá comunicación entre o segundo chakra (o da sexualidade) e o chakra do corazón (amor), polo que amor e sexo viviranse de forma separada”.

Non sei se o reiki funciona ou non, pero sirve para dar explicacións sinxelas a situacións “complexas”. A partir de ahora, cando me pregunten como estou contestarei: “teño o terceiro chakra bloqueado”.  :-)

3 comentarios


Escribe un comentario