Hai días que me sinto terriblemente fracasada, e cando penso en reconducirme non sei nin por donde empezar nin cara a onde tirar…
Hai días que pagaría por ter alguén que me levase da man, aínda que sepa que me rebelaría a cada paso…
Hai días, como hoxe, que estou cansada… terriblemente cansada de todo.



3 comentarios
Abril 15, 2009 a las 4:28 pm
Suscribínme hai un par de días ao teu blog, cheguei de casualidade de non sei onde… e hoxe, primeira vez que me manda para aquí o meu GR, podo dicir que suscribo cada unha desas palabras.
Poderíache soltar un deses tópicos hipócritas e mentirosos que din por aí, que destas cousas se aprende e que se sae máis forte, e que bla, bla… pero non, prefiro simplemente suscribir as túas palabras.
Ánimo!
Abril 15, 2009 a las 7:26 pm
Reconducirse reconstruirse volver á saida unha vez e outra vez e outra vez e outra vez… Como non vamos estar cans@s? Pero tu intúes que te rebelarías a cada paso e eu intúo que estar descansada tamén cansa…
Queremos que alguén nos leve da man, porque queremos ter alguén cerca a quen poder contarlle baixiño, ao oído, o cans@s que estamos… non porque a súa presenza fora suficiente para facer desaparecer as nosas frustraciós.
Haberá que aprender a vivir con elas. Digo eu. E contarllas ao oído (ou ao chat) a quen sabes que sempre ten o hombro disposto para ti…
Abril 16, 2009 a las 9:29 am
Vic, que suscribas as miñas palabras anímame moito máis que calquera tópico.. e non por eso de “mal de muchos… “, senón pq. me sinto un pouco máis comprendida..
… ademáis, que che vou a contar q ti non sepas?…
Emereci, creo q o teu hombro xa aguantou moitas veces o meu cansancio e tampouco hai q abusar, q él tamén se cansa