Chegou ao apeadeiro o primeiro esa mañá…. Viña decidido, hoxe era o día… non durmira en toda a noite pensando no mellor xeito de facelo, planeando as palabras, ensaiando os xestos, anticipando as reaccións, … preparándose para o momento que, sen dúbida, lle cambiaría a vida. E o momento ía ser hoxe, só podía ser hoxe.
Sentou na mesma esquina do banco na que sentaba sempre, coas mans metidas nos petos e a bufanda tapándolle a boca,… os viu chegar un trás outro, na mesma orde,… escoitou as mesmas conversacións baleiras nas que, unha vez máis, non participou… e, tamén unha vez máis, sentiu como o sangue lle tinguía a cara de vermello e o estómago lle daba a volta cando ela apareceu.
Como cada mañá quedou abraiado mirándoa, hipnotizada cos seus ollos e con aqueles labios que sempre estaba a rir e nunca paraban de falar.. envexou cada palabra que saía da súa boca e non ía dirixida a él, cada mirada que buscaba a súa, cada xesto que nunca precisaba da súa atención.
E como cada mañá subiu detrás dela ao autobús, apertando a carpeta contra o peito e sentindo o seu olor no nariz,… viuna marchar cara a atrás mentres el sentaba no mesmo sitio de sempre, e escoitou as risas que compartía con outros mentres pensaba que mañá sería o día… mañá tiña que ser o día.

*Despois de meses de abandono, retomo ese proxecto a medias con emereci de relatos e fotos… A foto é dela, e esta é sólo unha das historias que me inspirou, nin siquiera sei se a mellor, pero é á que lle tocou sair.


