Hoxe volve a estar de actualidade o caso das nenas de Alcásser. Piden 16 anos de prisión para os pais de duas das nenas por “injurias” e “calumnias” ao fiscal, o forense e os axentes da guardia civil que investigaron o caso… 16 anos por “injurias” e “calumnias”. Flipante!!
Pero deixando de lado a desproporción desta condena que, espero, quede en un titular, o caso de Alcácer foi un dos que máis me impresionou na miña vida. Acostumada a “aburrida” rutina dun pobo no que o máis que podía pasar era que un veciño se pelease co do lado por unha leira, o asesinato de Toñi, Miriam e Desiré púxome diante a máis fría das crueldades. Supoño que axudou o “show” televisivo que montou “Quien sabe donde” e, despois, Pepe Navarro en “Crucemos el Missisipi”… pero o caso é que este asesinato me deu que pensar durante meses e me quitou o sono máis dunha noite.
Nos informativos de hoxe: unha nai que alquilaba ao seu fillo de dous anos a un pederasta, un neno de 11 anos que matou a súa madrastra embarazada por celos do futuro bebé e un día máis de búsqueda infructuosa do corpo de Marta del Castillo… Escoito as noticias con rabia, sorpresa e pena…. pero coa mesma “atención anestesiada” que cando escoito que outras cinco personas se mataron na carretera ou que enterraron a unha nova víctima da “violencia de xénero”… Sei que probablemente dentro de tres días xa nin me acorde e que esta noite dormirei igual que calquera outra.
¿Cómo puidemos chegar a anestesiarnos desta maneira? ¿Cómo puido deixar de sorprendernos a crueldade?


