Octubre 22, 2008...11:33 am

A ventá azul

Saltar a Comentarios

Baleirou as paredes, rompeu as fotos, meteu os libros en caixas e

escondeunas no faiado, regalou a roupa, vernizou os mobles, colgou un

cadro dunha flor e queimou a cadeira dende a que a miraba cada tarde…

Despois, comprou un espello e mirouse dende o outro lado durante

horas.

Por último, pintou a ventá de azul e tirou o pasado por ela.

 

 *A foto é de Sonia, e este é o primeiro capítulo desa serie de relatos cortos que nos marcamos como obxetivo número 2 para este outono.

1 comentario


Escribe un comentario