Marzo 17, 2008...3:18 pm
O avó
*Terceiro capítulo dese proxecto a dúo
Sempre andaba cun periódico na man… “O que non sabe é como o que non ve”, di aínda hoxe a súa filla.. Nos seus anos de “caminero” din que era máis fácil velo lendo nas cunetas que traballando… por eso tiña fama de”folgazán”.
Xa de vello, era costume atopalo nos balados, na beira do río, debaixo dun árbol ou na porta da casa co seu inseparable ”diario”. Así adoitábamos a encontralo os seus netos, os máis pequenos, que nos sentabamos ao seu carón esixindo unha historia…
Sempre tiña algunha, certa ou inventada, coa que entreternos a tarde. Contábamos as lendas do pobo, as historias doutros tempos, as andanzas doutras xentes, as costumes doutros sitios… centos de historias que acabaron por perderse nos recunchos dunha memoria intoxicada por imaxes e filmes americanos…
As miñas favoritas eran as da Santa Compaña… escoitabas da súa boca con esa mezcla de pavor e satisfacción que sempre me provocan as historias de mortos, cociñando ese medo polos espíritus e pola morte que, sospeito, me vai acompañar toda a vida.
Despois marchábamos, sempre con unhas pesetas no peto, e deixabamolo de novo co seu “diario”.
Un día, no medio dunha desos contos de mortos, meu primo preguntoulle: “Avó, ¿e ti vas morrer?”… “Non –dixolle él rindo- cando vexa vir a morte vou botar a correr”…
Pero a morte veu, e pillouno xa moi vello e coas pernas demasiado cansadas para levantarse da cama na que levaba meses deitado… Así que non puido correr…
Enterrámolo unha tarde de inverno, moitos anos antes de que puidera ler nun “diario” as crónicas da súa neta.




4 Comments
Marzo 17, 2008 at 4:20 pm
Unha cousiña… o teu avó no traballara nos camiños?
Marzo 17, 2008 at 5:06 pm
pues va a ser que sí
Marzo 17, 2008 at 6:11 pm
Por certo, xa cumplín. Dásme un traballiño… Jeje.
Abril 14, 2008 at 9:53 am
falta la abuela inercia, podemos hacerle una foto sentada cualquier sabado noche
Leave a Reply