Enero 4, 2008...2:17 pm
Noites de viño e desvaríos
Xoves de choiva en Coruña… Esa auga que tanto precisan os embalses, a min deprímeme. Mala carta de presentación para unha galega.
Improviso unha cena con Raquel, á que tampouco lle gusta moito o de mollarse. Cambiamos o ximnasio, que tan ben lle viría as miñas desentrenadas pernas, por unha nova sesión gastronómica que ía ser lixeira ata que aparece a nocilla enriba da mesa e a untamos en medio paquete de tostadas.. O que importa é a intención, que din por ahí…
Ao calorciño do viño, e despois de chegar a conclusión de que deberíamos ter nacido no sur, empeza unha desas conversacións trascendentais que tanto liberan.
Falamos da soidade, dos medos racionáis e irracionáis, do idealismo doutras xeracións, da xente comprometida, do difícil que é cambiarse a un mesmo e do ben que estaría ser desta ou daquela forma…
En fin, unha sucesión de desvaríos que pouco ou nada arranxan pero que fan máis agradable unha noite de choiva…




2 Comments
Enero 8, 2008 at 8:50 pm
ahí, ahí, esas 500 tostadas de nocilla, que no falten
Enero 14, 2008 at 11:28 am
A eso se le llama un buen plan
Leave a Reply