Noviembre 29, 2007...11:12 am
Un pequeno repaso
|
Teño 32 anos e 13 días Dende que nacín pasaron 11701 días, 384 meses e 1671 semanas
O meu número base de nacemento é o 4, según o cal a fortuna non me reserva sorpresas. O logro dos meus obxetivos está supedirado a un meticuloso traballo de preparación e construcción. Non debo arriscar, xa que podería perder: sólo avanzando con método e paciencia poderei acadar a felicidade.
Según o meu horóscopo de hoxe, “Terei gamas de confiar o meu mal humor e fareino no ámbito laboral, con un compañeiro que me quere verdadeiramente. No ámbito afectivo non é unha das miñas mellores etapas (-dende logo!!!-), e él (?) deuse de conta. Un consello: que non sexa drástica.
Ademáis, parece ser que na miña última encarnación terrenal era un home. Nacín nalgún lugar do que hoxe é Filipinas arredor do ano 775. A miña profesión era escritor, dramaturgo ou organizador de rituais (jeje). Polo que di aquí, tiña un carácter implacable e sopesaba cuidadosamente as miñas decisións nas situacións críticas, con un excelente autocontrol (que debeu de quedar en esa vida pasada) e unha gran forza de vontade. Vamos, que era unha desas persoas que acostuman a gustar, pero que non sempre son queridas.
Polo que parece, desa vida pasada a lección que teño que extraer é que teño que combatir a violencia e a falta de armonía no noso mundo, entender as súas raices e orixes.
Ahí queda eso.
|



Escribe un comentario