Octubre 31, 2007...5:03 pm
Nova pensión en A Coruña
Nunca quixen vivir sola. Gústame chegar a casa e encontrar a alguén a quen contarlle as miñas “ralladuras”, gústame compartir cenas improvisadas, gústame ver as series da tele en compañía, gústame que a miña casa parezca (de vez en cando) un hotel.. e ademáis teño un medo ós espíritus herdado de meu avó que me fai oir ruidos extraños e imaxinar presencias nas sombras cando estou soa…
Pero xa cando marchei para Chile a miña capacidade de convivencia estaba seriamente “tocada”… e volveu totalmente ”afundida”: farta de aguantar histéricas da limpeza que non limpian, malos días de xente que nin me vai nin me ven e manías varias coas que, recoñezo, cada vez son máis intolerante.
Así que inicio esta nova fase na Coruña co convencemento absoluto de que non quero vivir con ninguén. De que quero chegar a casa e non aguantar as “ralladuras” de ninguén, de que quero improvisar cenas compartidas cando e con quen me “tinque”, de que quero ver as series da tele que me de a real gana e de que, en este hotel, a xefa de recepción son eu e soamente eu. O respecto dos espíritus… bueno, espero que meu avó se encargue de entretenelos.
Es este vai ser o escenario da miña etapa “independente”, un bonito piso con vistas ao mar (se te descolgas un pouco pola ventana), con sofá extensible e habitación de invitados, e con cinco pisos sin ascensor que espero que fagan “milagros” coas miñas “desentrenadas” pernas. “Pensión Anita” declárase oficialmente inaugurada.




4 comentarios
Octubre 31, 2007 a las 6:19 pm
joer, que chula! vaime reservando unha fin de semana por determinar, que teño ganas de collerlle o gusto a la-coru.
Noviembre 1, 2007 a las 8:14 pm
Vaya choza guapi!!! Qué chula!!!! Significa eso que ya tengo casuni el A Coruña?? Rumbo pa la Pensión Anita, en cuanto esté por tierras patrias!!! Mil besitos!!!
Noviembre 5, 2007 a las 3:32 pm
joder con la pensión
jajajaja
yo sigo sin saber donde voy a terminar… cri cri cri
diferentes propuestas, y ninguna me convence del todo, así que igual me hago astronauta.
besitos xurri!!!!
Enero 11, 2008 a las 7:09 pm
Me encanta tu pisito de soltera o de casada o de lo que sea; la cocina, tiene una pinta genial, ¿cuando la probaremos?¿ Que cocinamos? ¿ Cloquetas de pollo/a? (no soy machista).Por cierto, no cometí pecado en Iguazú, amor mucho, pero sin pecar. Continuo sin saber mucho de gallego, hago un esfuerzo tremendo para intentar saber que dices, ¿traductor gallego-castellano en el blog? Por favor, sé que me estoy perdiendo muchos detalles, sniff, sniff. Nos vemos guapisima, que ganas no nos faltan
Escribe un comentario