Agosto 28, 2007...7:44 pm
“Que din os rumorosos”
Levo toda a mañá “flipando” co nivel de debate político que temos en Galicia… Os dous partidos do Goberno levan días “peleando” por si nas galescolas se enseñará o himno galego ou non se enseñará.
O PSOE di que nas garderías non se pode “adoctrinar” os nenos … o BNG que na etapa infantil hai que promover o coñecemento das costumes e tradicións galegas…
Os nacionalistas acusan os socialistas de “acomplejamiento e autoodio”… e os socialistas “se rasgan las vestiduras” ante estas declaracións, replicando que “de compromiso co país, difícilmente reciben leccións”…
O debate “himno sí, himno no” alcanza tales “niveles” que se escuitan argumentos tan convincentes como: “rexeitar os versos de Pondal é como pensar que a canción dos Payasos -vamos de paseo en un auto feo / pero no me importa porque llevo torta- alenta a conducción temeraria”, que di Quintana…. ou “apelo a deixar a estéril polémica na estación do ano na que naceu, como unha serpente de verán”, que responde o sempre “carismático” Touriño…
En fin, que será a distancia pero… eu non vexo o problema…
Os que se deben estar aburrindo bastante son os do PP, comendo pipas diante da tele… total de facerse oposición e de poñerse “verdes” xa se encargan os do propio Goberno…



Escribe un comentario