Agosto 27, 2007...3:56 am
“Llevolo Sumiciu”
“Sumiciu” é un duende asturiano que ten entre os seus hobbies favoritos o de facer desaparecer as cousas… É pequeno e difícil de ver, pero anda polas casas roubando zapatos, gafas, calcetines…
En italia teñen outro duende para estas cousas: Monaciello… Este vai vestido de fraile e tamén lle gusta o de apropiarse de axeno…
Eu son un dos seus “blancos” favoritos… Xa o fun dende pequena, e a medida que pasan os anos a “afición” destos duendes pola miña persona medra…
Como senón se explica a desaparación daquela chaqueta de cuero granate, que tanto me gustaba, ou do meu bikini azul (que tan ben me quedaba)?… Miña nai está segura de que é o meu despiste innato (cantas veces tiven que oir eso de: sempre estás nas nubes), e sospeito que máis de un e de unha comparten esa opinión….
Pero eu cada vez estou máis convencida de que os duendes me atacan… A última foi esta semana: desapareceu unha das miñas botas negras.. Busquei por toda a casa, revolvín o armario de arriba a abaixo, mirei entre a roupa sucia, debaixo dos sofás, das mesas, dos muebles… e a bota non apareceu… Os dous días abrín o armario e alí estaba, perfectamente colocada no seu lugar de sempre…
Hoxe dinme de conta de que me faltan duas camisetas e un jersey… Así que a min decídeme o que queirades pero está máis que claro: “Llevolo Sumiciu”…




3 comentarios
Agosto 27, 2007 a las 3:53 pm
Aínda hei ter que ir eu aí.
Agosto 27, 2007 a las 6:25 pm
…coa zapatilla…
Agosto 28, 2007 a las 2:00 pm
A mín pásame o mesmo. Dou fe de que o duende existe. Eu pilleino infraganti cando me estaba collendo unhas sábanas de franela de Portugal.
foron prendas que me desaparezeron e que nunca máis. Xuro que non as perdín, e xuro que as tiña localizadas. Duende de mierda, ya podía limpiar la casa y dejarse de caralladas!
…Agora en serio, eu teño varios expedientes x (camiseta axustada color crema que me quedaba de maravilla, camiseta negra, pantalón curto de cuadros…
Escribe un comentario