Agosto 16, 2007...4:32 pm

Terremoto en Perú

Saltar a Comentarios

Terremoto de 7,9 en Perú, o máis forte desde 1974. O aeroporto de Lima, un edificio novo e preparado para sismos, moveuse como se fose de papel… non quero pensar como sería nos centos de casas de adobe que vin en este país, ou en Pisco e Cañete, as zonas donde se rexistraron o maior número de mortos. Xa van por 350.

A min non me deu tempo a pensar muito máis que en correr fora do edificio, “rezando” para que non me caera encima ningún dos trozos de falso techo que caían por todos lados e para que a xente, histérica e aterrada, non empezase a empuxar e a amontonarse nas salidas…

Despois, esperar a volta dos amigos que estaban no centro e asistir a impotencia dos peruanos que intentaban contactar coas súas familias e non o conseguían… A rede telefónica estaba “off”.

Ahora estamos en un hotel, o lado do aeroporto, esperando que Gol nos leve por fin a Chile. Edificio preparado para sismos, pensión completa e todas as comodidades… outros non tiveron tanta sorte.

3 comentarios

Escribe un comentario