Agosto 1, 2007...4:42 am

“La Chascona”

Saltar a Comentarios

Pablo Neruda tiña tres casas en Chile: en Santiago, en Valparaíso e en Isla Negra. A de Santiago está no barrio de Bellavista, unha das zonas máis “bohemias” e coloristas da cidade, no pe do cerro de San Cristobal.

É un dos lugares máis auntenticos e especiales que vin na miña vida e supoño que un bo reflexo da personalidade excéntrica do poeta. A casa está distribuida simulando a forma dun barco (paradóxico en unha persona que lle tiña medo o mar) con habitacións pequenas e baixas que recordan os camarotes. E ten tres partes separadas, sin conexión entre sí, ás que sólo se pode acceder cruzando un xardín central, cheo de escaleiras, bancos e recunchos.

Por dentro, pasadizos secretos, escaleiras de caracol, muebles sesenteros, miles de obxetos de colección, cuadros de contemporáneos e amigos (como Diego Rivera), o Premio Nóbel… e un sinfín de pequenos e sorpredentes detalles.

Pero o que máis impresiona da casa non é a súa forma, nin a distribución, nin os cuadros, nin os obxetos de decoración, nin a impresionante vista os Andes que se pode intuir por detrás da capa de smog… O que máis impresiona (ou o que máis me impresionou a min) é que se respira amor en cada esquina…

Pablo Neruda construiu a casa de Santiago cando todavía era amante da que sería a súa terceira muller: Matilde Urrutia. Foi unha casa pensada para vivir un romance secreto que, lóxicamente, acabou salindo a luz.

chascona.jpg

Chámase “La Chascona”, que en Chile significa despeinada, precisamente en alusión o pelo rizado e enmarañado de Matilde; nas ventanas e nas portas repítese un símbolo que representa unha medusa, que era como Neruda lle chamaba cariñosamente a Matilde; e en outras partes aparece a fusión dos dous: un símbolo creado coa P de Pablo, que representa para eles a Luna; coa M de Matilde, en representación das montañas; e con unhas ondas que representan o mar que os unía.

En cada rincón da casa hai detalles que simbolizan a adoración que Neruda sentía por esa muller: fotos, cuadros, poemas… a casa en sí é un poema dedicado a Matilde Urrutia.

… La quinta cosa son tus ojos.

Matilde mía, bienamada,

No quiero dormir sin tus ojos,

no quiero ser sin que me mires

yo cambio la primavera

porque tu me sigas mirando …

Cando Neruda morreu, ela non foi capaz de volver a dormir na misma cama na que dormían xuntos… deixouna tal como estaba e cambiouse a outra parte da casa…

Eu quero que me queiran desa forma… aínda que dure tres meses…

P.D: Entre que escribín este post e o publiquei, un par de “pepitos grillos” xa se encargaron de baixarme das nubes e pousarme de novo no chan: Neruda cansouse de poñerlle os cornos a Matilde Urrutia… en fin, nada é perfecto…

2 comentarios

  • Que bonito. Da igual. O dos cornos non quita que sexa unha historia bonita. O dos cornos era unha válvula de escape ante tanto enclaustramento de amor. Matilde Urrutia seguro que era consciente, pero sabía que o corazón de Neruda era seu. Esto non é una oda ao amor libre, que quede claro. Que “te soy muy tradicional”. Pero vexo que quedaches totalmente impresionada por esa casa.

  • Me encanta lo que escribiste sobre la casa y no me canso de leerlo y me muero de ganas de ir a ver ese lugar tan especial.

Escribe un comentario