Mayo 8, 2007...6:57 pm
Unha fin de semana musical
Confeso que me fastidia un pouco a xente que determina de forma categórica que música e boa e mala. Eu nunca fun capaz de facelo, non considero que teña a cultura musical e os coñecementos necesarios para semellante atrevemento. Para min a música boa é a que me fai pasar bos momentos, e a mala é a que, sinxelamente, non me di nin me provoca nada…
Por eso non me atrevo a catalogar a Bisbal ou a Rafaella Carrá como malos, xa que as miñas mellores noites de festa están indiscutiblemente ligadas a “estrelas” deste calibre.
E tamén por eso, odio que me preguntan que tipo de música me gusta… nunca sei moi ben que contestar e acabo por soltar eso tan socorrido de “los cantautores”, que non é que non sexa certo, pero so é unha verdade a medias.. ¿acaso non me pode gustar todo?. Como me dixo Sonia esta fin de semana, mentres escoitábamos a un cantautor chileno que “metía medo”, son moi agradecida…
E todo esto é a introducción para contar unha fin de semana santiaguina do máis variado musicalmente. Empezou o venres con un concerto de Inti-illimani, un dos principais representantes da denominada Nueva Canción chilena. Un grupo de música folk nacional que se creou en 1967, moi vinculado ás correntes políticas de esquerda e a oposición fronte a dictadura de Pinochet.
Para continuar a noite, un concerto de Lemon en La Batuta, que durante máis de dúas horas nos regalou unhas moi boas versións de U2.
O sábado fomos parte da primeira xira por Latinoamérica de Manolo García, dende que se disolveu el Último de la fila. Foi en un teatro non demasiado grande e ante un auditorio moito máis escaso e comedido co dos seus concertos en España. Aquí o máis animado (a parte de nos, claro) era un señor de branco que, para vergoña da súa refinada esposa, non paraba de bailotear e tararear, e que case se come a Manolo cando baixou a cantar entre o público. Pero o español, demostrando que ten moitas tablas en esto dos escenarios, conseguiu animar a un público chileno que, polo que me contaron, e pouco dado a “levantar o cu do asiento” nos concertos e que acabou entonando o “no nos vamos ni cagando”. .
Para rematar, dobre sesión de grupos locais no Bar Sofá, seguido de un amplo repertorio de música dos oitenta e noventa, con New Kids on the block incluído, por petición do auditorio español.
E a próxima fin de semana espero completar o tour musical con unha sesión de Festival de Eurovisión, para vitorear os “cachondos” de Nash, e con un concerto de Alex Ubago. Coherencia musical: cero patatero… “pero que me quiten lo bailao”… y nunca mellor dito.




7 comentarios
Mayo 9, 2007 a las 9:52 am
Lo que quieras, pero sin ánimo de ser fundamentalista sigo pensando que Coyote Dax nunca debió salir de México, aunque Turo me lo rebata.
Mayo 9, 2007 a las 4:54 pm
Ana. Tienes toda la razón. Lo de la música es muy subjetivo. Pero tiene razón “Jaco” que Coyote Dax nuna debió salir de México… ni la churri de Fernando Alonso de Asturias… Dios!! mira que canta mal…, y qué horror de melodías las de su grupillo..
Mayo 9, 2007 a las 9:45 pm
Me parece muy bien que escuches todo tipo de música, pero mujer, no haberle hecho un hueco a “la más grande”… con lo bien que sonaría en la Moneda de madrugada un “como una ooooooooooooolaa” a pleno pulmón. (Ah, y está bien saber que el público chileno es incluso “peor” que el de Lugo).
Mayo 10, 2007 a las 6:42 am
Ana. Ti crees que teño futuro como unha segunda Rocio Jurado en Chile??, xa sei que facer leña da árbore caída non é moi ético, pero é que me vexo triunfando……”clave, un rojo, rojo clavel” !!!!!!
Mayo 10, 2007 a las 11:02 am
Ana, hay que autoexigirse más. Qué es eso de Bisbal?!
Mayo 22, 2007 a las 5:51 pm
ELENA
Yo me apunto a lo de Rafaella, pero Bisbal… es que me da un asquito que no puedo. No he cumplido mi promesa y todavía no te he mandado la dirección de mi amigo chileno, pero prometo…mejor, intentaré contactar con él esta semana. ¿Has pedido ya el voto por correo?
Besos
Mayo 23, 2007 a las 3:30 am
¿Voto por correo?!!! ¿Para votar en las municipales de mi pueblo, en las que llevan ganando los mismos veinte años?… jaja
Escribe un comentario